# Hashtag

Os Vintage: UD Paiosaco-Hierros 2017/2018

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros e equipos do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sexa do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é a UD Paiosaco-Hierros da tempada 2017/2018.

Ao remate da competición no grupo 1 da Preferente, o segundo posto foi ocupado pola UD Paiosaco-Hierros. Os de Porta Santa conseguiron 79 puntos, que lle serviron para ser subcampións e lograr o ascenso a Terceira División. Foi o cuarto equipo que máis anotou (66 tantos, superado por Polvorín, As Pontes e Ribadeo) e o segundo que menos encaixou (32, soamente superado polo Polvorín). A bagaxe final foi de 23 vitorias, 10 empates e 5 derrotas. Unha tempada chea de regularidade que rematou co premio gordo do salto de categoría.

Iván Amor Torres Louzao foi o máximo goleador da UD Paiosaco-Hierros na fase regular do grupo 1 da Preferente. Diego Lois López, con 8 tantos, e Miguel Sánchez Martínez, con 7 goles, tamén foron importantes na faceta ofensiva do equipo dirixido por Juan Riveiro.



O cadro de xogadores e o corpo técnico responsables do ascenso

Dani Moreno, Adrián Rama, Cristhian Iriso, Pablo Rodríguez, Miguel Sánchez, Sergio Lista, Sergio Ramón, Gonzalo Fernández, Aythami López, Bilal Belkalcha, Diego Lois, Eloy Arantón, Javi Fuentes, Javi Salvadores, José Ramón Vázquez, Alberto Tabuyo, Iván Andrade, Julián Norberto Amor, Iván Amor Torres, Juanma Pombo, Javier Alonso, Luis Miguel Taboada e Alberto Álvarez conformaban o cadro de xogadores que logrou o ascenso a Terceira División nesa histórica tempada 2017/2018. O corpo técnico estaba liderado polo técnico Juan Emilio Riveiro Rodríguez.

O curso 2017/2018 rematou coa consecución da Copa de A Coruña

Ademais de conseguir o ascenso, a UD Paiosaco-Hierros conseguiu outro éxito esa tempada. As vitorias ante a UD Juvenil (0-3), o Orillamar SD (1-1 e clasificación na tanda de penalties), a SD Brexo Lema (0-2), o Sporting Ciudad (0-5), o Órdenes (1-2) e o Victoria CF (1-2) propiciaron a consecución da Copa de A Coruña. Iván Torres Louzao volveu a ser a principal aportación goleadora, anotando 6 tantos en 5 partidos.

A actualidade da UD Paiosaco-Hierros

Na actual campaña a UD Paiosaco-Hierros está a competir no grupo 1 da Preferente Futgal. Atópase na duodécima posición, con 21 puntos, con dous puntos de vantaxe sobre o descenso directo, marcado a día de hoxe polo Sigüeiro. Esta próxima fin de semana recibe á SD O Val de Narón nun partido de vital importancia posto que os de Narón son antepenúltimos. A loita pola salvación antóllase dura, con moitos equipos implicados na mesma.





Os Vintage: UD Paiosaco-Hierros 2017/2018

Ao mal tempo, os Diferenciais poñen boa

Os Vintage: UD Paiosaco-Hierros 2017/2018

Descubre o Top 3 de decembro e