# Hashtag

O grupo 5 ten ás máximas goleadoras da Terceira Galega

A Terceira División Galega feminina deixa un dato chamativo tras once xornadas disputadas: as máximas goleadoras da categoría concéntranse no grupo 5. A día de hoxe, o único da categoría no que dúas futbolistas acadaron xa a barreira dos 28 goles nesta tempada. Un rexistro que non se repite no resto de grupos e que imos analizar en FutbolinGalicia.

Un par de nomes propios

Á cabeza da clasificación goleadora aparecen Tania Núñez (SD Chispa) e Alba Montes (Caldas CF), ambas con 28 goles en 11 partidos, seguidas por Erika Otero (CD Rois), que suma 21 tantos no mesmo número de encontros.



No caso do SD Chispa, o bo rendemento ofensivo de Tania acompaña a un equipo que marcha terceiro con 27 puntos, mentres que o Caldas CF é segundo con 28 puntos, sustentado en boa medida na capacidade realizadora de Alba Montes. Así e todo, é o Taragoña quen lidera a clasificación con 31 puntos.

A situación no resto de grupos de terceira

No grupo 1, a cabeza da táboa está moi igualada. O CD Cariño e o Deportivo Narón comparten liderado con 30 puntos tras once xornadas, mentres o Perlio e o Discalzas seguen ao rebufo. No plano ofensivo destaca Claudia Cumbrao (SD O Val B), máxima goleadora do grupo con 22 tantos en 11 partidos, seguida de preto por Noelia Pérez (CD Cariño), con 19 goles.

O grupo 2 mantén un pulso intenso entre o Atlético Cercedense e a Xuventude de Crendes, ambos con 31 puntos e aínda sen coñecer a derrota. A loita polo gol está encabezada por Laura Raña (Atlético Cercedense), que suma 21 tantos dos 64 goles a favor que leva o seu equipo no que vai de tempada.



No grupo 3, a Escola Juan Cabrejo e o Soneira lideran con 27 puntos, mentres o Outes se mantén na pelexa polos postos altos. A nivel individual, María Villaverde (Soneira SD) encabeza a táboa de goleadoras con 19 goles, seguida por Laura Lires (Outes FC), que tamén está a ter un peso notable no rendemento do seu equipo.

O grupo 4, con menos partidos disputados ata o momento, presenta unha clasificación máis comprimida. Chantada, Bandeira e Friol B encabezan a táboa, nun contexto no que os números aínda están a asentarse. No apartado goleador, Nerea Rodríguez (Friol B), Paula Méndez (San Roque) e Lucía Castro (SD Cruces) comparten protagonismo cun rexistro de nove goles.

Pola súa banda, no grupo 6 o dominio é claro. O CD Teis lidera con pleno de vitorias, seguido polo Cented Academy, que destaca especialmente polo seu poder ofensivo con 88 goles a favor. Andrea Calvo (Cented Academy) é a máxima goleadora do grupo con 24 goles, nun grupo no que tamén destacan Daniela Alonso (Tomiño B) e Alba Pardo (Valladares B).



O grupo 5 ten ás máximas goleadoras da Terceira Galega

Os Vintage: Club Lemos 2014/2015

O grupo 5 ten ás máximas goleadoras da Terceira Galega

O grupo 5 ten ás máximas goleadoras