En FutbolinGalicia non nos esquecemos de tódolos xogadores, técnicos, árbitros ou siareiros que pasaron hai anos polas nosas categorías sénior. Sen a súa gran contribución non poderiamos gozar na actualidade dunha gran saúde en categorías tan especiais coma a Terceira RFEF, a Preferente Futgal ou a Primeira Futgal. «Os Vintage» é a súa sección. A de todos aqueles que aportaron un gran de area para que o fútbol galego sexa, sen dúbida, do mellorciño do fútbol estatal.
Gustavo Souto Sampedro, nado en Vigo en 1983, é o protagonista da nova sección de Os Vintage. Iniciou a súa carreira como xogador nas categorías inferiores do CD Areosa. Despois pasou por Celta de Vigo e Rápido de Bouzas.
Na tempada 2003/2004 debutou no CD Choco en Preferente, logrando 26 tantos en 32 partidos e chamando por tanto a atención polas súas boas cifras goleadoras.
O debut en Terceira División chegoulle no Porriño Industrial, onde alcanzou os 16 goles en 29 partidos. O curso seguinte xogou para o Alondras (19 goles en 33 partidos), co que disputou a fase de ascenso á extinta Segunda División B.
Tras o seu paso polo Alondras, Gustavo xogou fóra da nosa comunidade durante sete tempadas. Nese tempo voltou momentáneamente a Galicia para xogar no Racing Club de Ferrol durante uns meses da campaña 2008/2009. Nese tempo lonxe de Galicia, Gustavo pasou por clubs como Unión Popular de Langreo, UD Villa Santa Brígida, CF Atlético Ciudad, CD Guadalajara, SD Éibar, UD Logroñés, CD Teruel, FC Kairat (Kazajistán) e Auckland City (Nova Zelanda).
No tramo final da súa carreira regresou a nosa comunidade para militar en CD Ourense, retornar de novo ao Alondras, e colgar as botas no Rápido de Bouzas.
