A Terceira División Galicia Feminina segue medrando ano tras ano, e nesta tempada preséntase cun mosaico de equipos repartidos por toda Galicia. Un total de case 80 equipos competirán en seis grupos diferentes, configurados de maneira xeográfica para reducir desprazamentos e favorecer a participación na medida do posible.
A continuación repasamos como queda a estrutura desta categoría de forma provisional, agardando a resolución definitiva.
Grupo A (14 equipos)
O grupo máis numeroso, con 14 conxuntos, sitúase maioritariamente na área da Coruña e Ferrol. Aquí atopamos históricos como o Silva, o Orzán que contará co equipo C ou o Santa Cruz, xunto con clubs de forte tradición local como o Cariño, o Neda ou o Narón, entre outros. É unha liga moi competitiva, con derbis intensos e unha gran concentración de talento e equipos como o Zenit, Galicia Caranza, Discalzas, Perlio e Estrella.
Completando este grupo están tamén os filiais do Atlético San Pedro, do Eirís e do Val.
Grupo B (13 equipos)
Formado por 13 equipos, sitúase na contorna de Santiago e arredores. Neste grupo están o Victoria FC D, o Milladoiro, Negreira, Trazo, Resmón, Órdenes, Cercedense, Curtis, Xuventú Crendes, AD Culleredo, Sporting Burgo, Sporting Meicende e Pastoriza B.
É un grupo con moita diversidade, que combina clubs do rural con equipos de zonas urbanas.

Grupo C (12 equipos)
Con 12 equipos, abrangue boa parte dos equipos da Costa da Morte: UD Cerqueda, Puenteceso, Cabana, Soneira, EFJ Cabrejo, Zas, Xallas B, Corcubión e Fisterra.
Tamén aparecen neste grupo equipos como A Baña, o Dubra e o filial do Órdenes.
Grupo D (12 equipos)
O Grupo D é o máis heteroxéneo da Terceira, xuntando equipos de Lugo, Ourense e Pontevedra. Cun total de 12 equipos, na competición están o Comercial, a Milagrosa, San Roque, Antas B, Chantada, Carballedo, Monteforte, Cented Academy, Lalín, EF Silleda, Bandeira e Cruces.

Grupo E (13 equipos)
Volendo cara a costa, o Grupo E conta con 13 equipos e cobre principalmente a zona limítrofe entre a provincia da Coruña e Pontevedra. Aquí militan clubs como Sonnoia, Os Miúdos, Outes, Rois, Bastavales, Taragoña, Catoira, Caldas, EFF Boiro B, Xuventú Aguiño, Chispa, Mosteiro e Noalla.
Grupo F (12 equipos)
Finalmente, o Grupo F con 12 equipos abrangue a zona sur de Pontevedra. Aquí atopamos ao Monteporreiro, Domaio B, Louro Tameiga, Mondariz, Gondomar, Salvatierra, Tomiño B, Valladares B, Teis, Balaídos, Racing Vilariño e o Cabral.







































































































































































































































































































































































































































































































































































































