# Hashtag

A Segunda Futgal volve ter 10 grupos e estes son os seus calendarios

Os 10 grupos nos que se volverá dividir esta temporada a Segunda Futgal xa coñecen o seu calendario de competición desta tempada 25-26.

A liga comezará o 7 de setembro para os dous grupos de 18 equipos (o da Coruña e o de Ourense) e o 14 de setembro para todos os demais, que están conformados por 16 equipos.

En total, son 164 clubs en busca dos seus respectivos obxectivos. A liga regular rematará o 17 de maio e o play-off xogarase entre o 31 de maio e o 21 de xuño.



Calendarios da Segunda Futgal

Aquí podes consultar, grupo a grupo, os calendarios publicados pola RFGF: CALENDARIO GRUPO A CORUÑA, CALENDARIO GRUPO A COSTA, CALENDARIO FERROL, CALENDARIO LUGO G1, CALENDARIO LUGO G2, CALENDARIO SANTIAGO G1, CALENDARIO SANTIAGO G2, CALENDARIO OURENSE, CALENDARIO PONTEVEDRA e CALENDARIO VIGO.

Fase de ascenso de ámbito autonómico

A tempada pasada instaurouse un play off de ascenso a 1ª Futgal novidoso, pois fíxose a nivel autonómico. A Federación entende que foi «un éxito«, polo que a comisión deportiva decidiu manter o formato.

Son 5 as prazas que se poñen en xogo neste play off. Tres delas nas dúas provincias do norte, e dúas nas provincias de Ourense e Pontevedra.



A Segunda Futgal volve ter 10 grupos e estes son os seus calendarios

Decididos os finalistas da Copa RFEF galega

A Segunda Futgal volve ter 10 grupos e estes son os seus calendarios

A Segunda Futgal volve ter 10 grupos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *