# Hashtag

O Atlético Villalonga no mapa da Copa da Raíña

A Real Federación Española de Fútbol celebrará este mércores 20 de agosto, ás 13:00 horas na Cidade do Fútbol, o sorteo da primeira eliminatoria da Copa de la Reina 2025/2026. A cita abrirá unha nova oportunidade para o Atlético Villalonga, o único equipo galego de Segunda RFEF que participará nesta competición nacional.

O formato da Copa

A primeira eliminatoria, prevista entre os días 9, 10 e 11 de setembro, reunirá un total de 32 equipos, incluidos clubs das tres principais categorías do fútbol feminino estatal e un representante de fútbol territorial. Nesta fase inicial, os emparellamientos buscarán respectar criterios de proximidade xeográfica e, sempre que sexa posible, que os equipos de categorías inferiores enfronten a outros de nivel superior.

O Atlético Villalonga FF, club que milita actualmente na Segunda RFEF, participa como representante galego nesta eliminatoria. Ao caer dentro da zona de Asturias e Galicia, deberá esperar ao sorteo para coñecer ao seu rival. É unha oportunidade única para expoñerse no panorama nacional, ofrecendo ao equipo unha plataforma mediática e competitiva de primeiro nivel.



Na pasada tempada o Atlético Villalonga caía eliminado na Copa da Raíña ante o Deportivo da Coruña tras encaixar un gol no tempo de engadido. O equipo sanxenxino deixou moi boa imaxe na pasada edición plantándolle cara a todo un equipo de Liga F.

O Atlético Villalonga no mapa da Copa da Raíña

Estes serán os semifinalistas da Copa RFEF

O Atlético Villalonga no mapa da Copa da Raíña

Brais Prieto (Lalín): «Falar de ascenso a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *