# Hashtag
Cellerino. GRAN PEÑA FC

Diario dun Mercado na Terceira RFEF (IV)

Faltan apenas 37 días para que comece a tempada na Terceira RFEF, que botará a andar o primeiro domingo de setembro, tal e como se anunciou a semana pasada. A conta atrás xa se sente nos vestiarios, onde os equipos afinan a súa posta a punto en plena pretemporada, disputando amigables e torneos estivais para coller sensacións. Mentres tanto, péchanse as últimas fichaxes a contrarreloxo para afrontar con garantías un curso que se promete esixente e apaixonante. Velaquí os últimos movementos nunha nova edición do Diario dun Mercado.

  • Estradense
    Fichaxes de Álex Delgado e Dani Varela.
    Renovacións de Raúl e Sergio.
  • Noia
    Baixa de Hugo Losada.
  • Alondras
    Promocionan do xuvenil Víctor Cortegoso, Adri hernández e Iker Barreiro.
  • Arosa
    Renovación de Dani Sánchez, que se está a recuperar dunha grave lesión.
  • Lugo B
    Fichaxe de Samu Vázquez (Montañeros).
  • Gran Peña
    Fichaxe de Cellerino.
    Baixa de Julius Avinu.
  • Viveiro
    Fichaxes de Álvaro Uriarte e Julio Lansade.
  • Arteixo
    Fichaxes de Pablo Martínez e Moreta.
    Renovación de Otero.
  • Barbadás
    Fichaxes de Borja Suárez, Chinonso, Joao Teixeira, Álex Poch e Rodrigo Tapias.
    Baixa de Brais e Brian.

Os ascendidos

  • CD Barco
    Fichaxes de Andrés Calvo e Raúl Paz.
  • Juventud Cambados
    Fichaxe de Miguel Rancaño ‘Ranca’.
    Baixa de Paco.

Imaxe de portada: Gran Peña FC



Diario dun Mercado na Terceira RFEF (IV)

A EFF Rosalía sela un acordo internacional

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *