# Hashtag

Máis do 40% dos equipos galegos cambiaron de adestrador este verán

No fútbol, o verán é sinónimo de cambios e moitos deles teñen que ver coa figura do adestrador. De cara á vindeira temporada 2025/26, máis do 40% dos equipos galegos de entre o fútbol profesional e a Preferente Futgal van contar con novo inquilino nos banquiños.

En canto ás categorías máis altas, Claudio Giraldez segue no Celta, mentres ao Dépor chegou Antonio Hidalgo. En Primeira RFEF, o club celeste volve ser o único onde hai continuidade, con Fredi. No resto, 5 cambios: Pablo López ao Racing, Iago Iglesias ao Lugo, Jesús Arribas ao Arenteiro, Rubén Domínguez ao Pontevedra e Dani Llacer ao Ourense CF.

Máis continuidade podemos contemplar na Segunda RFEF. Dos cinco galegos, só o Bergan e o acabado de ascender Sarriana mudan de adestrador. Simón Lamas dirixirá nas Eiroas e Iván Carril na Ribela. Nada muda no Fabril, UD Ourense e Coruxo.



Dos 18 equipos de Terceira RFEF, cambia en sete o técnico. Juan Rodríguez dá un paso máis no Racing Vilallbés para facerse co cargo de primeiro adestrador. Alberto Mariano vai ao Noia; Gonza, ao Arosa, e Rafa Villaverde, ao Alondras. No Viveiro confían en Luchi Salgueiro, o Silva aposta por Noé e Posi será o encargado de dirixir ao Atlético Arteixo. No resto non hai cambio de nomes, tampouco nos catro acabados de ascender.

Cambios de adestrador na Preferente

Un terzo dos equipos (6 de 18) da Preferente Norte mudaron de adestrador finalizada a pasada temporada. Diego Armando fixo as maletas dende o Paiosaco ao Sigu. O emblemático exporteiro profesional Roberto Fernández faise cargo do Lalín.

Tamén hai cambios no Paiosaco, onde asume o banco Christian Gómez. Ramón Labrada, ex do Ribadeo, asina no Pol. Dani Gesto chega ao Val de Dubra e o Órdenes confía en Pery para conseguir a permanencia de xeito tranquilo na categoría.



Máis cambios hai no grupo sur. Sera, antes no Arcade, toma as rendas do descendido Villalonga. Cambian dous dos destacados a pasada temporada: Beluso, a onde chega Juan Amoedo, e Atios, agora con Hugo González.

O Cented aposta por Iván Alonso, Minso Vidal faise cargo do banquiño do Portonovo, o Umia contratou a Lino González e Alberto Rabadán adestrará a un Choco que se salvou a última hora.

No Moaña non continuará Edu Charlín, logo de completar unha boa temporada, pero o club aínda non publicou o nome do seu substituto.



Máis do 40% dos equipos galegos cambiaron de adestrador este verán

O Marín deseña un proxecto galáctico na