# Hashtag
as celtas

Diario dun mercado Segunda RFEF. Episodio 2.

A tempada 2024/2025 xa é historia, e os equipos galegos que militan en Segunda RFEF feminina comezan a dar os primeiros pasos na confección dos seus novos proxectos. Con altas, baixas e renovacións confirmadas, As Celtas, o Dépor B e o Atlético Villalonga comezan a mover ficha de cara ao curso 2025/2026.

Facemos un pequeno repaso de como está o mercado de Segunda RFEF neste comezo de xullo.

Atlético Villalonga un novo fin de ciclo

O conxunto de Sanxenxo viviu unha tempada marcada pola polémica extra deportiva. Así e todo, o equipo acadou unha digna sexta posición, pechando o ano con certa estabilidade futbolística e bo nivel competitivo.



Lola Okenve na súa presentación como nova xogadora do Castellón. RRSS CD Castellón

Con todo, a remodelación será importante. Xa se confirmaron as saídas das dúas porteiras: Patricia Curbelo e Eva García. Esta última fichou polo CD Castellón, destino ao que tamén se incorpora Dolores Okenve, outra das xogadoras do Villalonga que emprende novo reto.

Agárdanse a confirmación de máis saídas nas vindeiras semanas, mentres se perfila a estrutura do novo proxecto deportivo. Un novo fin de ciclo nunha categoría na que contarán con maior presenza galega, As Celtas e Dépor B.

Dépor B: promoción interna tras unha gran tempada

O filial branquiazul completou unha campaña sólida, coa mirada posta sempre na formación e proxección das súas xogadoras. Como mostra do bo traballo feito, dúas futbolistas clave do curso pasado, Paula Monteagudo e Elena Vázquez, recibiron a recompensa de subir ao primeiro equipo, que acadou a permanencia na Liga F. Un paso adiante na súa carreira que tamén evidencia a confianza do club no talento da súa base.



Polo de agora, non transcenderon máis nomes sobre o futuro inmediato do filial, pero non se descartan cambios nun plantel que sempre combina xuventude, talento e ambición.

depor b
Elena Vázquez e Paula Monteagudo xa son xogadoras do primeiro equipo. RRSS Dépor Abanca

As Celtas: sorpresas e continuidade

O equipo vigués viviu un debut soñado na categoría nacional, coa permanencia asegurada e unha identidade recoñecible dende o primeiro minuto. Agora toca reformular o vestiario: cinco baixas confirmadas, incluída a de Camila Pescatore, unha das xogadoras máis destacadas do ano e que sorprendeu aos afeccionados. Tamén din adeus ao conxunto celeste Noelia Pereira, Nuria Gómez (que colga os guantes), Eva López e María Calvar.

A boa nova para os celtistas é que Vicky Vázquez seguirá á fronte do banco, acompañada polas renovacións xa confirmadas de Lara Martínez, María Figueroa e Ana Toubes, que seguirán sendo pezas importantes no esquema dun equipo que aposta pola continuidade da súa filosofía.



Diario dun mercado Segunda RFEF. Episodio 2.

Seguen as novidades no Diario dun Mercado

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *