# Hashtag
David Somoza Alertanavia

David Somoza, goleador do Alertanavia: «Tiven sorte de acabar neste equipo»

O Alertanavia, tras unha boa campaña no grupo 6 da Primeira Futgal, conseguiu o asecenso no play-off e volve un ano despois a Preferente. Nas listaxes dos Diferenciais que publicou esta temporada FutbolinGalicia repetiuse a miúdo un nome, o de David Somoza. Con só 19 anos, foi toda unha revolución no seu primeiro curso sénior, asinando 33 goles en 39 partidos co conxunto vigués.

FutbolinGalicia: Como se viviu o regreso do Alertanavia a Preferente só un ano despois do descenso?

David Somoza: «Pois eu persoalmente non vivín o descenso, pero si que é verdade que desde o primeiro día falousenos sobre os últimos anos do club en Preferente e a importancia que tiña para o Alertanavia conseguir o ascenso neste ano. E non hai mellor forma de facelo que remontando as dúas eliminatorias en casa! Sen dúbida vai ser un día que nos quede marcado a todos».



FIG: Fixéstesvos fortes na casa e conseguistes darlle a volta á eliminatoria ante o Castro nun partido no que ti mesmo abriches o marcador. Como foi o encontro?

D.S: «O partido saíu tal e como o expuxo o noso adestrador. Eles eran un equipo veterano, que ía vir a aguantar o resultado. No seu campo custounos atacar o seu bloque baixo e no partido de volta propuxémonos meterlle unha marcha ao xogo e xerar moitas máis xogadas de perigo. Fomos superiores durante o partido, ata que na segunda parte conseguimos que entrasen para sacar adiante a eliminatoria».

A celebración aínda continuará

FIG: Fálanos da celebración. Como o festexastes?



D.S: «O primeiro de todo no campo, con todas as familias e os nenos do club, que neste playoff arroupáronnos moito e foron un factor determinante nas remontadas. Despois, seguimos celebrando no vestiario. Un dos veteráns do equipo rapouse, como xa fixeran no ultimo ascenso a Preferente. Aínda temos pendente mais celebración; dise algo dunha casa rural, pero aínda non hai nada pechado».

FIG: Marcaches goles a pares esta temporada. Dous goles ante o Erizana, o Racing Castrelos ou o Caldelas, entre outros. E ao Goián fixéchelles catro. Con que partido quedas desta temporada?

D.S: «Quedo co partido da volta contra o Guardés. Na ida perderamos 3-0 no seu campo, e na volta xogábanse entrar en play-off e nós seguir na pelexa co Tyde. Eles chegaban nun gran estado de forma e gañámoslles 6-0 no Federativo”.



Unha estrea inmellorable en idade sénior

FIG: Consideras que foi a temporada do teu gran estalido goleador?

David Somoza: «Sen dúbida! Na vida me esperaba que o meu primeiro ano sénior fose tan bo. Tiven moita sorte de acabar nun equipo así. A nosa forma de xogar benefíciame moito e o ambiente no vestiario entre os veteráns e os novos é moi bo. Ademais, os adestradores déronme moita confianza e fixéronme sacar o meu mellor nivel».

FIG: Que características consideras que te definen de cara á portería contraría?

D.S: «Considérome un xogador rápido, cunha boa arrancada e que me desmarco ben ás costas. Eu creo que iso sería o que máis me caracteriza, ademais dos recortes antes de tirar. Algunha fallei por recortar de máis (risos)».

FIG: Asinaches números espectaculares esta temporada con só 19 anos. Que farás a vindeira? Quedas no Alertanavia en Preferente ou hai outras ofertas de superior categoría ou doutros clubs?



D.S: «Algún equipo si que me escribiu ao longo da tempada. Agora mesmo aínda non teño nada decidido, pero si que é verdade que a idea de vivir un ano en Preferente co Alertanavia e os meus compañeiros deste ano ilusióname moito».


David Somoza, en curto

  • Primeiras botas de fútbol que lembres? Nike Mercurial
  • Ídolo futbolístico da túa infancia? Cristiano
  • Un campo no que xogaches? O Federativo de Coia
  • Algunha rutina os días de partidos? Non sei se é bo, pero teño a manía de non almorzar.
  • A canción preferida no vestiario? Baianá.
Os xogadores do Alertanavia, celebrando o ascenso.

Imaxe: Cedida

David Somoza, goleador do Alertanavia: «Tiven sorte de acabar neste equipo»

Unha vitoria para o ascenso da Sarriana

David Somoza, goleador do Alertanavia: «Tiven sorte de acabar neste equipo»

Diego Iglesias cumpre o soño que revelara

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *