# Hashtag

Sergio Aballe, Tyde: «A miña idea é seguir, pero aínda non me chamaron»

O Tyde dominou o grupo 6 da Primeira Futgal e conseguiu o asecenso grazas á súa regularidade e, entre outros factores, aos goles de Sergio Aballe, Mafi, un futbolista curtido na categoría e que pasou tamén por equipos como Porriño Industrial ou Sporting Guardés. Aballe, un habitual na listaxe dos Diferenciais, repasa con FutbolinGalicia como foi a temporada tanto a nivel colectivo como individual.

FutbolinGalicia: Como se viviu un regreso a Preferente máis de 20 anos despois?

Sergio Aballe: «Regresar a Preferente despois de tanto tempo, rodeado de amigos e xente coa que medraches, é algo do que nos acordaremos toda a vida. Estamos moi orgullosos e satisfeitos do traballo feito».



FIG: O ascenso chega nun momento chave, co club ás portas do centenario. Ese aniversario era un estímulo máis para subir a Preferente?

S.A: «A verdade é que cadrou todo moi ben. Para o club o centenario é importante e que o poida disfrutar nunha categoría superior foi un aliciente durante toda a tempada».

FIG: Cal foi a clave para conseguir o ascenso?



S.A: «Sen dúbida a calidade dos xogadores tudenses que se xuntaron, sumada ao bo traballo do corpo técnico e o gran ambiente do vestuario».

FIG: O Álvarez Durán quedou pequeno nalgúns partidos, como valoras o apoio da afección durante a tempada?

S.A: «Xogar cada 15 días nun campo arroupado sempre por un grupo tan grande de afeccionados, familiares e amigos é unha auténtica gozada. Claramente foi un factor moi importante para nós”.



A súa mellor tempada goleadora

S.A: Axudaches ao equipo con 16 goles en liga, sendo o máximo goleador do Tyde. Que supón iso para ti e como te viches a nivel persoal esta temporada?

Diego Estévez: «Foi a miña mellor tempada en canto a números. Quedoume a sensación amarga de que puiden facer algún gol máis e loitar cos goleadores da categoría».

FIG: Tras unha campaña tan boa, que farás a vindeira? Quedas no Tyde ou hai ofertas?

S.A: «A miña idea é seguir, pero dende o club aínda ninguén se puxo en contacto comigo. Algún equipo xa chamou e é algo que agradezo, pero é pronto para decidir nada».


Sergio Aballe, en curto

  • Primeiras botas de fútbol que lembres? Total 90
  • Ídolo futbolístico da túa infancia? Henry
  • Un campo no que xogaches? Un dos que méis me gustou, o Salvador Otero.
  • Algunha rutina os días de partidos? Comer vendo highlights antigos de fútbol con Juan Paramos.
  • A canción preferida no vestiario? Rosas, de La Oreja de Van Gogh.

Imaxe: Cedida



Sergio Aballe, Tyde: «A miña idea é seguir, pero aínda non me chamaron»

Os Vintage: Jesús Antonio Piñeiro Pardiñas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *