Personalizar las preferencias de consentimiento

Usamos cookies para ayudarle a navegar de manera eficiente y realizar ciertas funciones. Encontrará información detallada sobre cada una de las cookies bajo cada categoría de consentimiento a continuación.

Las cookies categorizadas como “Necesarias” se guardan en su navegador, ya que son esenciales para permitir las funcionalidades básicas del sitio web.... 

Siempre activas

Las cookies necesarias son cruciales para las funciones básicas del sitio web y el sitio web no funcionará de la forma prevista sin ellas.Estas cookies no almacenan ningún dato de identificación personal.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies funcionales ayudan a realizar ciertas funcionalidades, como compartir el contenido del sitio web en plataformas de redes sociales, recopilar comentarios y otras características de terceros.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies analíticas se utilizan para comprender cómo interactúan los visitantes con el sitio web. Estas cookies ayudan a proporcionar información sobre métricas el número de visitantes, el porcentaje de rebote, la fuente de tráfico, etc.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies de rendimiento se utilizan para comprender y analizar los índices de rendimiento clave del sitio web, lo que ayuda a proporcionar una mejor experiencia de usuario para los visitantes.

No hay cookies para mostrar.

Las cookies publicitarias se utilizan para entregar a los visitantes anuncios personalizados basados ​​en las páginas que visitaron antes y analizar la efectividad de la campaña publicitaria.

No hay cookies para mostrar.

# Hashtag

Os Diferenciais da Primeira Futgal co Puebla FC como protagonista

Momento de buscar os Diferenciais de FutbolinGalicia da Primeira Futgal nunha xornada na que o gran protagonista foi o Puebla, que acadou o ascenso a Preferente a falta de cinco partidos. Foi na súa casa, no campo da Alta, ante centos de afeccionados. Só valía a vitoria e chegou sobre o bucina. Un gol de Víctor Molinos no engadido desatou a festa na Pobra do Caramiñal.

Fallei o penalti o ano pasado e esta vez compensei no último minuto”, celebraba Molinos en declaracións a FutbolinGalicia. Este medio desprazouse ata A Alta, o campo do Puebla, para seguir ese partido tan especial para os branquiazuis. Premendo aquí, podes ver imaxes da festa, da celebración do gol e as declaracións do presidente do Puebla.

No resto da xornada no grupo 5, malleira do Unión de Asados, 1-7 ante un Cuntis que se adiantara no electrónico. Os goles repartíronse entre sete xogadores, polo que destacamos ao autor do empate, Anxo García, que asinou o primeiro tanto da temporada. Cuarto triunfo consecutivo do Campo Lameiro, que deixa a 11 puntos o descenso. Alexandre marcou o gol da vitoria ante o Marcón.



Equipos que queren acompañar ao Puebla

Tyde e Alertanavia non ceden no máis alto do grupo 6. Ambos os dous viron como o seu rival anotaba primeiro e déronlle a volta ao marcador para acabar vencendo 2-1. O gol da vitoria do Tyde fíxoo Mario Fernández; o do Alerta, Daniel Fernández. Na apertada loita pola permanencia, a Milagrosa de Lugo asinou un triunfo chave ante o Val Miñor de Nigrán para seguir fóra da zona vermella. Rafael Arias anotou os dous goles do partido. Quedan os lugueses

Outro dos grandes protagonistas da xornada atopámolo no grupo 1. Xogaban sétimo contra oitavo, Meicende ante Torre, e os de Arteixo mallaron 9-0 ao seu rival. Kevin Queijas foi o heroe da tarde con cinco goles para o Sporting Meicende, que suma a cuarta vitoria seguida. Pola súa banda, o Relámpago mantense en play-off ao remontar ante o Valdoviño cun gol de Agromayor no último suspiro.

Os de abaixo non o puxeron sinxelo no grupo 2. Tanto, que tras oito vitorias seguidas, caeu o líder. O Club do Mar de Caión non puido cun rival da parte baixa como o Bertamiráns, que se aferraron ao gol anotado por David González no minuto 30. E o Dumbría aproveitou a situación para reducir distancias e situarse segundo, a dous do primeiro. Para iso, os do Conco tiveron que suar ante o penúltimo clasificado e acabaron levando o partido in extremis con gol de Antonio Vilar nos últimos minutos de xogo



A xornada en Lugo e Ourense

Gañaron os seis primeiros no grupo de Lugo. O segundo, a Residencia, levou a vitoria no último suspiro grazas ao gol de Martín Portas ante o Xove. Moi traballado foi o triunfo do teceiro, o Castro, que superou 4-3 ao Chantada Atlético, que se puxera por diante moi cedo. Álvaro Rodríguez resolveu o partido a falta de 20 minutos dende o penalti. Tamén houbo remontada con lanzamento dende os once metros na Liga, no derbi de Vilalba. O Santaballés acabou levando o partido 2-1 co Racing Villalbés ‘B’, co gol de Adrián Vérez no 23.

En Ourense, o líder Antela mantén oito puntos de diferenza con 15 por se desputar. Desta volta, mallaron 5-0 ao Viana, con ‘hat-trick’ de Pedro Rodríguez. Na zona media, Allariz e Maceda dan pasos chave para a salvación ao vencer A Peroxa e Seixalbo, respectivamente. Polos alaricanos foi esencial o gol de David á volta do descanso; polo Maceda, o tanto de penalti de Christian desnivelou a balanza.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.



Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.



Os Diferenciais da Primeira Futgal co Puebla FC como protagonista

Así están as cousas na Terceira RFEF

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *