# Hashtag
primeira galega

A Primeira Galega afronta as súas xornadas decisivas con todo en xogo

A Primeira División Galega Arzúa Ulloa DOP está vivindo unha das tempadas máis igualadas e emocionantes dos últimos anos. A falta de poucas xornadas para o final, a loita tanto polo ascenso como pola permanencia está máis aberta ca nunca, sen un claro favorito e con moitas incógnitas aínda por resolver.

Batalla sen tregua polo título

Se algo define esta tempada, é a espectacular loita na parte alta da táboa. O Orzán SD, vixente campión da categoría, recuperou o liderado grazas ao golaverage, pero está empatado a 59 puntos cun Boiro que está a ser a gran revelación do campionato.

Nesta campaña, o equipo coruñés segue demostrando que a súa canteira vén pisando forte, pero estanse atopando cun rival que non lles vai poñer as cousas doadas. O Boiro, recentemente ascendido, está asinando unha tempada espectacular e xa non se pode falar del como unha sorpresa, senón como un claro aspirante ao título.



Por detrás deles, As Celtas, con 55 puntos, seguen á espreita, preparadas para aproveitar calquera tropezo dos dous primeiros clasificados. Cun final de liga tan axustado, cada partido pode ser decisivo na loita polo campionato.

A incerteza do ascenso

Un dos grandes interrogantes desta campaña é o número de equipos que conseguirán o ascenso a Terceira RFEF. A día de hoxe, nin a RFEF nin a Futgal confirmaron cantas prazas haberá para subir de categoría nesta nova reestruturación.

O que coñecemos é que a Terceira Federación pasará a ter 18 grupos con 12 equipos cada un, a diferenza dos 6 grupos actuais con 16 equipos. Esta nova reorganización quere acadar un grupo por territorio autonómico. Nesta tesitura ningún equipo dá as cousas por feitas, e cada punto será clave para asegurar a mellor posición posible no momento da decisión final.



A loita pola salvación apreta na parte baixa

Se na parte alta da táboa hai moita emoción, na loita por evitar o descenso a situación non é diferente. A retirada do Amistade Meirás da competición reduciu o número de equipos en pelexa, pero a loita segue aberta entre varios conxuntos.

O Umia e o Atlético Arousana, con 16 puntos, ocupan actualmente as prazas de descenso, pero a permanencia está a só seis puntos de distancia, marcada polo Sárdoma, que suma 22 puntos.

Aínda queda moito en xogo, e os equipos implicados saben que cada partido pode marcar a diferenza entre manter a categoría ou descender.



A Primeira Galega afronta as súas xornadas decisivas con todo en xogo

Tren con destino Copa Deputación de Pontevedra.

A Primeira Galega afronta as súas xornadas decisivas con todo en xogo

A Primeira Galega afronta as súas xornadas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *