# Hashtag

Jorge Cano, Atl. Coruña Montañeros: «O obxectivo é claro, ascender»

Tras unha longa carreira entre Segunda B e Terceira RFEF, Jorge Cano volveu ao club que o viu medrar como futbolista. O Atlético Coruña Montañeros da Preferente Norte chamou á porta do dianteiro de 34 anos para ofrecerlle un proxecto serio e ambicioso. Con FutbolinGalicia, o exfutbolista de Bergan, Compos ou Boiro, entre outros, analiza o comezo da tempada no seu novo club.

FutbolinGalicia: Que supón para ti regresar ao Atlético Coruña Montañeiros?

JC: «Pois a verdade é que sempre é bonito volver onde empezaches, ademais de ser un reto para min devolvelo a onde merece estar. Cando me fun, o club descendeu e tivo diferentes problemas».



FIG: Como tomaches a decisión de asinar alí este ano?

JC: «Escoitei as diferentes ofertas que me chegaron, e sinceramente a máis ambiciosa e ilusionante era esta. Tamén influíu o agarimo que lle teño ao club, onde xa estivera tanto nos meus comezos en categorías inferiores como nos meus inicios no fútbol modesto».

FIG: Que queda do club no que xogaches entre 2009 e 2012?



JC: «Pois a verdade é que practicamente é un club novo, cunha gran estabilidade e un obxectivo claro».

FIG: Botando a vista atrás, cal é o ano que mellor recordo che deixou a nivel deportivo?

JC: «A verdade que a nivel deportivo estou contento en todos os clubs nos que estiven, xa que a maioría da veces cumpriuse o obxectivo da tempada ou se estivo moi preto. Por dicirche un en particular, o Bergantiños, co ir ascendín dúas veces».



O Montañeros leva dúas vitorias en dous partidos

FIG: Esta tempada empezastes moi ben, gañado a un San Tirso que está nun momento doce. Foron moi comentados no vestiario os catro goles de Pape?

JC: «Claro! Meter 4 goles non é algo que se faga habitualmente, pero ao final é un traballo de todo o equipo. Creo que fixemos un partido moi completo, aínda que xeralmente adoitan levar todos os eloxios a xente de arriba (risos)».

FIG: No segundo partido vencestes a domicilio ao Pol e aí xa te estreaches como goleador. Como viviches ese momento?

JC: «Sempre é unha alegría poder axudar ao equipo con goles. Pero, como che dixen antes, o traballo do equipo é o importante. Creo que non estivemos tan brillantes como no primeiro partido, pero considero que fomos superiores e xustos vencedores».


FIG: Cal é o obxectivo deste Montañeios? Parece chamado a estar moi arriba.



JC: «Pois o obxectivo é claro, e polo que viñen a este club, que é quedar o máis arriba posible e ascender».

FIG: Es dos que opinan que nesta Preferente calquera pode gañarlle a calquera?

JC: «Opino que en calquera categoría calquera pode gañarlle a calquera, tanto en Preferente como en Primeira División».

Jorge Cano, en curto

  • Primeiras botas de fútbol que lembres? As Mizuno brancas e azuis de Rivaldo
  • Ídolo futbolístico da túa infancia? Juan Carlos Valerón
  • Campos nos que xogaches que máis che impactasen? Ipurúa, polo ambiente, e Riazor en Copa ante o Sevilla, polo que significou

Imaxe: Cedida

Jorge Cano, Atl. Coruña Montañeros: «O obxectivo é claro, ascender»

O caso do Abellá abre o debate

Jorge Cano, Atl. Coruña Montañeros: «O obxectivo é claro, ascender»

Lixeiras subidas de prezo nas tarifas arbitrais

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *