En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o Tomiño feminino da tempada 2018/2019, que logrou o ascenso á Primeira División Galega Feminina tras ser campión do grupo 4 da Segunda División Feminina de Galicia.
Os nomes do ascenso no Tomiño feminino
Ainhoa Asensio, Sandra Parente, Aroa da Cuña, Laura López, Sara Álvarez, Noa Alonso Macías, Miriam Estévez, Andrea Lamas, Lucía Guerner, María José Cardoso, Nicoleta Szasz, Anabel Besada, Andrea Piñeiro, Xulia Oliveira, Judit García e Sofía Rodríguez compoñían o cadro de xogadoras que levantou o trofeo de campión do grupo 4 da Segunda División Feminina Galega.
A bagaxe do Tomiño feminino na citada tempada foi de vinte e dúas vitorias, un empate e unha derrota nas vinte e catro xornadas de competición. Cento sesenta e seis goles a favor e vinte e tres en contra son os datos ofensivos e defensivos de relevancia nunha campaña para a historia do club pontevedrés.
Noa Alonso Macías Iglesias anotou corenta goles durante a competición, sendo a destacada pichichi do grupo 4. A súa compañeira Sara Álvarez chegou a trinta e cinco. Entre ambas conseguiron setenta e cinco dianas, máis que seis equipos durante toda a tempada. Palabras maiores!
En ata catro partidos as nosas protagonistas superaron a decena de goles, sendo a maior goleada o 0-26 ante o Cultural Areas na xornada vinte e tres. En once ocasións as gardametas do Tomiño feminino non recibiron ningún tanto, destacando tanto elas como as súas compañeiras da defensa nesta faceta do xogo.
A segunda derrota da tempada chegou na ida da única eliminatoria do Tomiño feminino na fase de ascenso. Perdeu na casa por 0-1 ante a SD Chispa. Mais na volta, no campo Monte Redondo de Vilanova de Arousa, as nosas Vintage lograron a remontada e o ascenso tras vencer 0-2 con goles de Sara Álvarez e Laura López.



































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































