Futbolingalicia publica unha tempada máis o seu mapa recopilatorio. Do Deportivo e o Celta, os dous representantes galegos na máxima categoría, ao Río Ouro, o Rápido Bahía, o Mercurio e tantos outros clubs que compiten no último chanzo do fútbol masculino galego.
Entre uns e outros hai nove categorías e 560 equipos. Todos eles están presentes neste mapa, unha fotografía que abrangue todo o fútbol sénior galego, desde a Primeira División ata a Terceira Futgal, e que permite comprobar ata que punto este deporte está espallado polo territorio.
A dimensión territorial é significativa: 233 dos 313 concellos de Galicia teñen polo menos un equipo en competición na presente temporada 2026/2027. A Coruña e Vigo, con 31 e 29 equipos, respectivamente, son as cidades que concentran a maior presenza.




































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































