# Hashtag

Novidade no fútbol galego: saúdo ‘fair play’ en todos os partidos

Hai unha novidade esta xornada en todos os partidos do fútbol galego, un protocolo de saúdo fair play. A Real Federación Galega de Fútbol pono en marcha a través da Comisión contra a Violencia no Fútbol Galego días despois de que se producise unha agresión a un colexiado nun partido de veteráns en Lugo.

Segundo a información da Federación, esta acción realizarase antes do comezo de cada partido. Os dous equipos, os seus cadros técnicos e o equipo arbitral fan un saúdo conxunto de fair play.

O obxectivo, aseguran, é «visibilizar o respecto entre todas as persoas que participan no partido e transmitir esa mensaxe á afección desde o primeiro minuto».



O saúdo, paso a paso

  1. Saída en dúas filas mesturadas, cun xogador de cada equipo en cada parella.
  2. Fila única no medio do campo, intercalados, co árbitro no centro (e o asistente 2 xunto a el, se hai trío).
  3. Técnicos e oficiais mesturados a 5 metros do banco; adestradores xuntos e abrazados (e o asistente 1 con eles, se hai trío).
  4. 20 segundos aliñados e firmes.
  5. O árbitro asubía.
  6. Saúdo fair play: todos dan a man aos rivais que teñen ao lado.

PREME AQUÍ PARA VER O PROTOCOLO

Novidade no fútbol galego: saúdo ‘fair play’ en todos os partidos

Jenny García: «Pase o que pase, ser

Novidade no fútbol galego: saúdo ‘fair play’ en todos os partidos

Novidade no fútbol galego: saúdo ‘fair play’