# Hashtag
Preferente Galicia 2024-2025

Así será a Preferente Galicia 2024-25: ascensos, descensos e grupos

Conta atrás para o inicio da Preferente Galicia 2024-25. A competición botará a andar a fin de semana do 7 e 8 de setembro con 36 equipos repartidos en dous grupos e con importantes novidades.

Unha delas é o número de ascensos directos, que se reduce de dous a un por cada grupo. Se este ano acadaron o salto de categoría directo o Noia e o Boiro, no grupo norte, e o Villalonga e o Valladares, no sur, a vindeira campaña só poderemos falar dun total de dous ascensos coa fin da liga regular.

Os outros dous ascensos determinaranse nun play-off. A esa fase accederán un total de oito equipos, dende o segundo ata o quinto clasificado de cada grupo. Os conxuntos do norte e o sur mediranse nunha promoción cruzada da que sairán os restantes dous equipos en acadar o ascenso a Terceira RFEF. Para iso, deberán superar dúas eliminatorias.



En primeiro lugar, o segundo dun grupo medirase co quinto do outro; e o terceiro fará o propio co cuarto clasificado do outro grupo. Despois, mediranse os gañadores. Serán eliminatorias de ida e volta que se resolverán con prórroga e penaltis se hai empate ao remate dos 180 minutos. Disputaranse dende finais de maio e durante a primeira quincena de xuño e o encontro de ida será no campo do peor clasificado.

En canto aos descensos, haberá un total de oito, catro por grupo. O foco estará un ano máis posto no efecto arrastre en caso de que descenda un equipo galego dende a Segunda RFEF. Na tempada finalizada, o Antela perdeu a categoría ao caer a Preferente o Rápido polo descenso do Vilalbés e o non ascenso do Gran Peña.

Estas novidades foron comunicadas esta mesma semana pola Real Federación Galega de Fútbol aos 36 equipos participantes na Preferente Galicia a vindeira tempada. Os clubs xa traballan nos seus proxectos para dar, o 8 de setembro, o pistoletazo de saída a unha tempada que rematará o 11 de maio.



Dous grupos na Preferente Galicia

A Preferente Galicia repetirá a vindeira tempada a división provincial. Os equipos da Coruña e Lugo xogarán no grupo norte; os de Pontevedra e Ourense, no grupo sur. Hai unha única excepción, o Lalín, que competirá co seu proxecto ‘galáctico’ no primeiro dos mencionados, malia estar en territorio pontevedrés.

Así, o grupo norte queda conformado pola SD O Val, o Galicia de Mugardos, o Miño, o Atlético Coruña Montañeros, o Paiosaco, o Sofán, o San Tirso, o Dubra, o Órdenes, o Sigüeiro, o Arzúa, o Negreira, o Cidade de Ribeira, o Lalín, o Ribadeo, a SD Pol, o Atlético Escairón e o Club Lemos.

Pola súa banda, no grupo sur competirán o Céltiga, o Xuventude Cambados, o Portonovo, o Umia, o Beluso, o Pontevedra B, o Moaña, o Porriño Industrial, o Rápido de Bouzas, o Atios, o Atlántida Matamá, o Juvenil de Ponteareas, o Cultural Areas, o Choco, o Atlético Arnoia, o Cented Academy, o Verín e o Barco.



Así será a Preferente Galicia 2024-25: ascensos, descensos e grupos

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 6

Así será a Preferente Galicia 2024-25: ascensos, descensos e grupos

Luis Castro, Arosa SC: «Non é un

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *