# Hashtag

O último servizo de Jorge Salgado, heroe do Verín o día da súa retirada

Non podía ter mellor despedida Jorge Salgado, o gardamallas dun Verín CF de récord. O porteiro colga as luvas aos 34 anos logo de devolver o seu equipo a Preferente tras unha gran tempada á que puxeron o broche de ouro o pasado sábado, ao gañar no Couto a Copa Deputación de Ourense.

A decisión, explica Salgado, levaba tempo tomada. «O meu físico non me permite seguir, teño dúas hernias«, admitía emocionado ao remate da final do título provincial, un partido no que a súa actuación foi chave. Parou un penalti na tanda decisiva; de feito, ese foi o único lanzamento errado e, por tanto, o que decantou a balanza.

Na final, o Verín xa fora mellor durante os 90 minutos, gozando de varias ocasións claras, como os balóns que mandou á madeira Luisito. «Xa mereceramos gañar o encontro; a prórroga fíxose longa, pero chegamos aos penaltis confiando en Jorge», explica o propio Luisito Ossorio. O futbolista, un dos emblemas do Verín, salienta que, con este triunfo, Jorge Salgado pódese retirar «da mellor maneira posible«.



A vitoria na tanda de penaltis encheu de ledicia a afección do Verín, que se desprazou en masa a Ourense. Centos de seareiros, dende nenos e nenas e maiores, gozaron, berraron e celebraron a vitoria do seu equipo. Son case 30 encontros seguidos os que levan sen coñecer a derrota.

Agora tócalles pensar nun novo reto, a Preferente. O adestrador, Miguel Sotelo, xa adiantara a Futbolin Galicia que agardaría ao remate da Copa Deputación para sentar a falar da vindeira tempada.

Na outra cara da moeda, o CD Barco. Caeron na oficial logo dunha tempada cunha primeira volta para esquecer e unha segunda que non foi suficiente para arranxar a desfeita. O seu adestrador, Lino Estévez, lamentaba a derrota sobre todo pensando na afección que se desprazara a Ourense.



Así van o resto de Copas

Esta fin de semana disputáronse outras copas de afeccionados. Na de Vigo, o Valladares superou o Cultural Areas nos penaltis, tras rematar 2-2 logo da prórroga. Agora, medirase na gran final da Copa de Pontevedra ao Villalonga, que venceu ao Soutomaior. Será o domingo ás 19:00 horas no Federativo de Coia. Pola súa banda, o Sigüeiro impúxose ao Noia na final da Copa do Sar e a SD O Val superou ao Miño para levar a Copa Ferrol.

A vindeira fin de semana xógase tamén a final da Copa Deputación de Lugo. Escairón e SD Chantada mídense na de Preferente e Primeira, mentres que Iberia e Becerreá na competición para equipos de Segunda e Terceira Galicia. A Copa Cidade de Santiago coroará ao Santa Marta ou o Victoria FC



O último servizo de Jorge Salgado, heroe do Verín o día da súa retirada

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 3

O último servizo de Jorge Salgado, heroe do Verín o día da súa retirada

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 1

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *