O domingo 12 deste mes de maio finalizou a fase regular no grupo galego da Terceira RFEF. Ademais do play-off de ascenso que se está a disputar, comezan a asomar as primeiras novidades do próximo curso futbolístico.
Os adestradores atesoran o protagonismo
A UD Barbadás e Agustín Ruiz pechan un exitoso ciclo de cincos tempadas. O desgaste acumulado é a principal causa da desvinculación. Durante a andaina do técnico vasco no noso fútbol, Os Carrís foi testigo de momentos para gardar na memoria: un campionato de Preferente Sur co conseguinte ascenso a Terceira, unha Copa Deputación e dúas eliminatorias da Copa do Rei, unha delas ante un histórico como o Real Valladolid.
Manu Losada ‘Chollas‘ non continuará adestrando á UD Somozas. Os do Manuel Candocia lograron a permanencia tras unha dura contenda na que se viron implicados multitude de equipos. Gran parte da salvación débese ao traballo do zamorano dende a súa chegada en febreiro, cunha bagaxe de 4 victorias, 5 empates e 3 derrotas. De ocupar a undécima posición pasaron a unha satisfactoria séptima plaza.
O Racing Villalbés volta á categoría tras unha campaña en Segunda RFEF e non poderá contar no banco con Simón Lamas. Tras toda unha vida no club, no que foi xogador antes de preparador, tócalle despedirse dunhas cores que sente coma ninguén. Deixa fitos como os ascensos a División de Honra Xuvenil e á Segunda RFEF. Falta por ver onde recalará, xa que parafraseando á directiva na rolda de prensa; non se debe sentir tristeza cando existe unha marcha por cuestións de mellora profesional. Atopar un substituto de garantías será a primeira misión dos da Magdalena.
O corpo técnico comandado por David Páez, que situou ao Estradense na media tabla, ten oferta de renovación. Nos vindeiros días darase a coñecer a decisión final, da que de seguro dependen varios movementos neste verán.
O inevitable adeus facendo acto de presencia
Edu, que as últimas tres tempadas estivo no Atlético Arteixo e con anterioridade en Victoria, Laracha, Cerdanyola, Cerceda e Paiosaco; solta a man do fútbol. Chegado este treito do ano é habitual que haxa algunha retirada do deporte que tanto nos atrae. Por desgraza haberá maís, lei de vida.
Coma na casa en ningún sitio
Para liquidar o primeiro episodio de mercado na Terceira RFEF contamos a marcha do Paiosaco de Willian Castro, que pasa a engrosar as filas do Bergantiños, que xogará na Segunda RFEF. Volve á que foi a su casa, na que comezou en idade benxamín e chegando a debutar no primeiro equipo sendo xuvenil.
Simón Lamas: «Tomei a decisión antes de ter ningunha oferta» - FutbolinGalicia
02nd Jun 2024[…] Diario dun mercado Terceira RFEF. Episodio 1 […]