# Hashtag

Córgomo Vilamartín, dun mal comezo a candidato ao play-off

O Córgomo Vilamartín tivo un inicio de tempada complicado tras obter un único punto nos 5 primeiros partido do grupo 4 da Primeira Futgal galega. Mais agora mesmo atópase na loita polos postos que dan dereito ao play-off de ascenso a Preferente Futgal.

As derrotas ante Polígono San Ciprián por 4-1, A Peroxa por 1-2 e Maceda por 3-1, unidas aos empates ante Viana e Seixalbo (ambos encontros acabaron 1-1), facían presaxiar unha dura campaña para os pupilos de David Pérez.

A boa dinámica en canto a resultados iniciou na xornada 6, cunha vitoria diante da súa afección ante o Allariz pola mínima (1-0). A seguinte fin de semana chegaría o segundo triunfo do curso, o primeiro a domicilio, tras impoñerse por 0-2 ao Loñoa. E como non hai dous sen tres, a xeira aumentou tras vencer por 3-2 ao Melias.



Dos seis seguintes puntos en xogo, o Corgomo conseguiu unicamente un: empate sen goles ante o Sporting Carballiño e derrota por 1-3 diante do Sporting Celanova.

A mala semana foi rapidamente corrixida con tres vitorias consecutivas cimentedas nunha gran efectividad de cara á portaría rival. Dez goles a favor nos citados tres encontros serviron para recuperar a confianza e obter 9 puntos: 1-6 ante o Cartalle, 3-2 ante o líder Antela e 1-0 diante do Muiños.

O Monterrey truncou a posibilidade do cuarto triunfo seguido tras impoñerse por 2-1, mais as vitorias ante Maside por 3-2 e ante o Nogueira Ramuín, no día de hoxe, por 1-3, sitúan ao Corgomo na loita polos postos de promoción de ascenso.



Córgomo Vilamartín, dun mal comezo a candidato ao play-off

A Preferente Norte ten un indiscutible campión

Córgomo Vilamartín, dun mal comezo a candidato ao play-off

Córgomo Vilamartín, dun mal comezo a candidato

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *