# Hashtag
terceira rfef

Balance do ano para os equipos da Terceira RFEF

O actual primeiro chanzo das categorías nacionais viviu diferentes cambios neste pasado 2024. Repasamos o remate da pasada campaña e a reconfiguración da competición cos equipos que permaneceron na categoría.

Bergan e Victoria FC nun partido nas Eiroas. Instagram Bergantiños

Comentaremos tamén a situación na que se atopan neste novo ano os equipos tendo en conta que mudou o sistema de competición. Na actualidade, dous equipos son os que ascenden de forma directa e o terceiro pasa a disputar unha promoción de ascenso.

O remate da tempada 2023-2024

No grupo 1 onde se atopan os equipos galegos, era o Avilés quen conseguía o ascenso directo á Segunda RFEF. O Umia despedíase da categoría nacional tras cinco anos e o Bergantiños foi quen ocupou a súa praza tras gañar ao Tomiño FCF na final de ascenso a Terceira.



O filial deportivista finalizaba a tempada en segunda posición, un gran ano do Lóstrego que acadaba o cuarto lugar e empatado a puntos co Sárdoma. De seguido, o Friol o Mos e o Victoria FC. Na parte baixa, a loita pola permanencia gañouna o Lugo no último suspiro.

Situación actual neste 2025

As Celtas soñan co ascenso. Instagram As Celtas

Tal e como está a clasificación, augurase unha segunda volta que manterá a emoción ata o final. Na loita polo ascenso, o Dépor ‘B’ (37 puntos) é quen lidera a clasificación. A súa regularidade e un par de tropezos do CD Olímpico de León (36 puntos), fixeron que as de Coruña se coroasen como campioas de inverno.

A esta loita súmanse tamén As Celtas (35 puntos), Sárdoma (35 puntos) e CD Villa de Simancas (33 puntos). As celestes son as que levan a mellor racha cun pleno de vitorias nos 5 últimos encontros e sendo imbatibles na Madroa.



Na zona media da táboa están o Friol (29 puntos), a Bovedana (27 puntos), Victoria CF (24 puntos), Lóstrego (23 puntos), Victoria FC (17 puntos), Sporting de Gijón ‘B’ (14 puntos) e Oviedo ‘B’ (13 puntos). Os Victorias e as de Gondomar están sendo os equipos menos regulares, sen contar os da zona baixa, e precisarán seguir sumando de 3 para no perder posicións.

Na parte crítica, o Parquesol (-1 punto) e o Romanón (1 punto) son os equipos máis descolgados con diferenza, pero na loita pola permanencia non hai nada decidido. Lugo e Bergantiños atópanse empatados a 9 puntos, sendo as lucenses as que se manteñen fóra dos postos de descenso.

Momentos destacados da tempada

  • Unha loita de poderío entre Olímpico e Dépor: A capacidade de ambos conxuntos para dominar os partidos e manter certa regularidade convérteos nos principais candidatos ao ascenso.
  • A irrupción viguesa: Sárdoma e As Celtas están sendo dous equipos revolución, con gran solidez e con moitas ganas de soñar co ascenso a Segunda.
  • A dificultade dos ascendidos: Equipos como o Bergantiños están enfrontándose ao desafío de competir nunha liga máis esixente. Papel que xa viviu o Lugo que agora, con máis experiencia, sigue tratando de asentarse na categoría e afastarse da zona de perigo.



Balance do ano para os equipos da Terceira RFEF

Os “One to Watch” da Preferente Sur

Balance do ano para os equipos da Terceira RFEF

Os máximos goleadores da Primeira Futgal antes

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *