# Hashtag
cambados feminino

Repasamos a terceira galega polo parón do Nadal

Co fútbol galego en pausa polas festividades, é o momento ideal para botar un vistazo á Terceira Galega. O nivel de competitividade vai en aumento a medida que avanza a tempada. Malia que algúns grupos levan a competicións máis avanzada ca outros, analizamos como están os equipos do último chanzo antes de que o balón volva a rodar en 2025.

O Abellá co foco posto no ascenso

No grupo 1, as de Frades sitúanse como primeiras con 29 puntos en 12 xornadas. O equipo está demostrando que queren xogar en Segunda de novo, sendo o equipo con máis vitorias no lombo con 9 partidos onde acadaron os 3 puntos.

De preto o Eirís, con 26 puntos e un partido menos, ocupa a segunda posición. Están demostrando unha gran solidez defensiva encaixando tan só 8 tantos no que vai de campionato. A loita polo liderado co Abellá promete ser emocionante, xa que no primeiro encontro disputado entre estes dous conxuntos o resultado foi un empate a ceros.



abellá feminino
O Abellá feminino antes dun encontro neste inverno. Facebook Abellá

En terceira posición atopamos ao Victoria CF ‘C’, empatado a puntos co Eirís. Un grupo de rapazas novas que a súa consistencia no xogo e a gran eficacia para ver portería, con 41 goles a favor, mantéñenas na loita polas primeiras posicións.

Na parte baixa da táboa, o Galicia Caranza e o Cariño pechan a clasificación. Ambos equipos encadean 5 derrotas consecutivas, pero unha vitoria pode facer mover as súas posicións. O Estrella A Solaina, con 8 puntos, necesitará volver a puntuar para afastarse da zona crítica.

O Corme impón a súa lei

Con 44 goles a favor e tan só 3 en contra, o Corme lidera a clasificación no grupo 2 con 27 puntos e deixando 5 de distancia co Mazaricos. O resto de competidores intentan non descolgarse e vemos unha loita interesante: Puenteceso e Escolas Juan Cabrejo con 18 puntos, Corcubión con 17, Muxía con 16 e o Bergantiños ‘B’ con 15.



No final da clasificación están A Baña, Cerqueda e Sporting Zas.

O Santiso quere volver a Segunda

nicrariense
O equipo Nicrariense desta tempada. Facebook AD Nicrariense

A UD Santiso consolídase na rampla de lanzamento a Segunda con 27 puntos. A Nicrariense con 24 puntos e o San Lázaro con 22 intentan seguir a estela do primeiro para non perder a oportunidade do ascenso.

Pechando o grupo 3 atópase o Dubra, que aínda non conseguiu puntuar, o Resmón e o Arzúa.



A revelación Esteirana

As de Esteiro amósanse intratables no grupo 4 e cun total de 59 goles a favor no seu casilleiro. Non coñecen a derrota, ao igual que o Céltiga, cun encontro menos, pero sendo outro dos equipos que están marcando o ritmo do grupo. En terceira posición, o Juventud Cambados e que perdeu contra o Céltiga fai dúas xornadas.

Na parte final, o Catoira cunha sanción de tres puntos, o Milladoiro cunha vitoria e o Bastavales que suma 7 puntos.

Emoción no cumio do grupo 5

A parte alta deste grupo está sendo dos máis disputados, onde os 5 primeiros clasificados suman 5 vitorias consecutivas. O Mos encabeza a clasificación con 27 puntos, seguido polo Ponte Caldelas e o Salcedo, empatados a 24 puntos. Dous puntos menos ten a Unión Guardesa e outros dous puntos menos o Cañiza.

No final da táboa, o Salvatierra, Cented Academy e o Peñasco.



Repasamos a terceira galega polo parón do Nadal

Adri Rodríguez, Céltiga FC: «Pelexar o ascenso

Repasamos a terceira galega polo parón do Nadal

David Pérez, Cedeira: «Calquera equipo pode gañar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *