# Hashtag

Os Diferenciais brillan co bo tempo

Cada vez queda menos para a chegada da Primavera e, proba diso, as raiolas de sol que se deixaron ver esta fin de semana nos campos da Primeira Futgal. Os seareiros comezan a saír do acubillo das gradas, o céspede recupera a súa mellor versión e as camisetas térmicas xa quedan relegadas para o próximo […]

As Copas provinciais collen protagonismo no día de San Xosé

A semana da festividade de San Xosé volverá converterse nun dos momentos máis intensos da tempada para o fútbol afeccionado galego. As diferentes copas provinciais e comarcais entran en fases decisivas e aproveitarán estes días para disputar boa parte das súas eliminatorias, cun calendario cheo de partidos e con enfrontamentos nos que se cruzan equipos […]

No sprint final van estar os Diferenciais (P. II)

A Primeira Futgal tamén se atopa nunha fase emocionante nos grupos do sur, onde non hai nada resolto polo momento. Co paso das xornadas, a competición non fixo outra cousa que apertarse máis e máis ata chegar a un punto onde a marxe de erro é mínima. Logo de meses de traballo e esforzo, os […]

No sprint final van estar os Diferenciais

Xa quedan menos de 10 partidos para pórlle o peche á Primeira Futgal e, como non pode ser doutro xeito, os equipos xa se preparan para o sprint final. De aquí ata o remate da competición, cada xornada é unha final onde pode pasar de todo. E é que a ‘carreira de cabalos’ polo ascenso […]

Carlos Timiraos, UD Xove Lago: «Estamos focalizados en conseguir a salvación»

O Xove Lago vive o seu mellor momento da tempada tras encadear tres vitorias consecutivas que lle permitiron abandonar os postos de descenso. A goleada por 4-0 fronte ao Chantada Atlético confirmou a reacción dun equipo moi novo que soubo sobrepoñerse a un inicio de curso cheo de dificultades. As lesións de xogadores clave, os […]

Continúa o baile dos Diferenciais (P. II)

O baile de posicións non é só cousa dos grupos 1, 2 e 3 da Primeira Futgal, senón que tamén se dá ao sur. De aquí ao final da temporada, cada batalla vólvese unha danza onde a constancia permitiralles aos diferentes equipos achegarse á consecución das súas metas. Por iso contan coa axuda dos seus […]

Continúa o baile dos Diferenciais

Se ben pasou o Entroido, a festa non parecer rematar na Primeira Futgal, onde continúa o baile de posicións entre os diferentes conxuntos. E é que nunha categoría tan complexa coma esta, as subas e baixadas van ser habituais ata o treito final. Por iso e, co obxectivo de finalizar a temporada do mellor xeito […]

Hugo Suárez, CSD Arzúa: «O obxectivo é devolver ao club ás categorías altas do fútbol galego»

Hugo Suárez regresou ao CSD Arzúa hai apenas dúas semanas e xa comeza a deixar pegada. O dianteiro, procedente do Puebla de Preferente, estreouse como goleador nesta nova etapa cun dobrete que contribuíu ao triunfo fronte ao Bastavales e mantén ao equipo de cheo na loita polo ascenso. Nunha categoría tremendamente igualada, co liderado a […]

Os Diferenciais teñen a chave da Primeira Futgal (P. II)

Igualdade máxima tamén ao sur da comunidade, onde a Primeira Futgal se atopa verdadeiramente animada. Xa sexa por uns ou outros obxectivos, temos por seguro que os participantes na competición non renunciarán aos seus obxectivos nesta recta final da temporada. E menos aínda se teñen aos seus xogadores máis Diferenciais para axudalos na consecución destas […]