# Hashtag

Os Vintage: SD Chantada B 2015/2016

Quen dixo que un filial non pode facer unha tempada, ou inclusive ter toda unha traxectoria, épica? Nesta nova entrega dos Vintage, a sección na que damos voz a todas aquelas persoas e equipos que fan do noso fútbol o mellor do panorama nacional, falamos da SD Chantada B e a súa espectacular tempada 2015/2016.

Os nomes do ascenso da SD Chantada B

Os gardametas Diego Guitián e Antonio García; os defensas Diego González, Alexandre Fernández, Jordi López, Marcos Arrojo, Saúl Linares, Adrián Fernández e Adrián Méndez; os centrocampistas Cristian Vázquez e Xende Fernández; e os dianteiros Efrén Francisco, Miguel Carnero e Pablo Moure gozaron de minutos durante a Segunda Rexional Lugo Grupo Sur no citado curso futbolístico. O cadro de xogadores era curto, mais contaba coa axuda da sempre competitiva base do club, formada por xogadores como Alberto Méndez, Lucas Ledo ou Alejandro Pinto. Unha media de idade de unicamente 21,7 anos. Un equipo con moita falta de experiencia mais repleto de ilusión que ascendeu a Primeira Rexional tras ser campión con sesenta e cinco puntos e setenta e un goles a favor en trinta xornadas.

Efrén Francisco Vázquez foi o pichichi dos do Sangoñedo grazas aos 0,77 goles por partido que colleitou nesa campaña, dezasete tantos en vinte e dúas participacións. Foron o conxunto máis anotador do seu grupo, así como o terceiro con mellores números defensivos tras encaixar só trinta e dous goles. Bóveda, segundo na táboa, e Santa Comba, terceiros, foron os únicos equipos con mellores rexistros nesta faceta do xogo.



Os Vintage: SD Chantada B 2015/2016

Os Diferenciais despiden o verán con goles

Os Vintage: SD Chantada B 2015/2016

Os Vintage: SD Chantada B 2015/2016