# Hashtag
#Fútbol Feminino #Primeira Galicia Feminina #Terceira Galicia Feminina

Os equipos femininos galegos que contan todos os seus partidos por vitorias

Son cinco os equipos que poden presumir de non ceder ningún punto no fútbol feminino galego. O Antas, na Primeira Galicia, acumula oito vitorias consecutivas. Na Terceira Galicia, outros catro conxuntos manteñen o pleno: o Cerqueda, no grupo 2; o Racing San Lorenzo, no grupo 3; e o Monteporreiro e o Salcedo, no grupo 4.

Sen presenza na Segunda e Terceira RFEF

Ningún dos conxuntos que están nas categorías nacionais pode entrar neste grupo, aínda que o Deportivo Abanca B non o fai por moi pouco. As branquiazuis, que militan na Segunda RFEF, só perderon un partido dos oito que disputaron. Caeron na segunda xornada ante o Eibar B por 2-0. Actualmente levan seis partidos consecutivos gañando.

Máis lonxe están As Celtas, con tres derrotas e dous empates, e o Victoria CF, con cinco partidos perdidos e un empate. As cebras aínda están adaptándose á categoría despois de facer historia na pasada campaña.



No caso da Terceira RFEF, o máis preto de entrar é o Friol, xa que non perdeu ningún partido, pero si empatou dous. O Atlético Villalonga, As Celtas B e o Lóstrego tamén eran bos candidatos, pero cada un deles perdeu un partido e empatou outro.

O Victoria FC e o Victoria CF B tamén perderon un encontro e empataron dous e tres, respectivamente.

O Antas deslumbra na Primeira Galicia

A falta dun só encontro para completar a primeira volta da primeira fase da Primeira Galicia, ningún dos conxuntos que compoñen o grupo 2 foi quen de superar as lucenses. Quédalles o partido ante o Valladares, que só perdeu unha vez en oito xornadas.



Ademais, o Valladares é o equipo menos goleado, con catro tantos encaixados, fronte aos sete do Antas. No apartado ofensivo, as lucenses destacan como o equipo máis goleador da categoría, seguidas polo Muxía, que leva 30 tantos

As da Costa da Morte non entran nesta pequena selección de invictos porque, a pesar de non perder ningún encontro, empataron tres. Actualmente están segundas, por detrás do Victoria FC, que lles leva un punto de vantaxe. No caso das santiaguesas, perderon un partido e empataron outro.

Todos os equipos cederon puntos na Segunda Galicia

Na Segunda Galicia non se pode destacar ningún conxunto con pleno de vitorias, pero si comentar os máis próximos. No grupo 1, o Narón non perdeu ningún partido, aínda que empatou unha vez. O mesmo sucede co Chantada, no grupo 2, que repartiu puntos co Auriense. O Teis, no grupo 4, tamén rematou o seu encontro contra o Cañiza en táboas, cun 0-0 que lle impide formar parte do grupo de equipos con pleno.



O Soneira si perdeu unha vez. No primeiro partido ligueiro caeu ante o Outes, outro equipo costeiro, pero actualmente suma xa seis vitorias consecutivas. Séguelle de preto o Sonnoia, que perdeu un partido e empatou outro.

Outros conxuntos que perderon e empataron unha vez foron o Friol B e o Juventud Cambados.



Plenos na Terceira Galicia

É a categoría que menos partidos leva disputados, o que tamén pode incidir na comparación. Con todo, hai catro equipos que aínda non deixaron escapar ningún punto.

No grupo 2, o Cerqueda soubo superar os seus compromisos para gañar os catro partidos disputados e é o único do grupo, do que é líder, que pode presumir de pleno. Pola súa banda, a Esteirana, o Fisterra e o Ordes sitúanse con só unha derrota e o resto dos encontros gañados. Tampouco ninguén lle gañou ao Bastavales, pero empatou dúas veces.

No grupo 3, o único que leva todos os partidos por vitorias é o Racing San Lorenzo, con catro triunfos. O Aguiño tampouco perdeu, pero empatou unha vez. O Milladoiro e o Arzúa perderon nunha ocasión.

No grupo 4 hai dous representantes: o Monteporreiro e o Salcedo. Este último leva un partido menos, pero aínda non coñece a derrota, a diferenza do Porriño Industrial, que roza a aparición neste artigo, pero perdeu contra o Salcedo.

Quedan ás portas o Silva, o Narón B, o Pastoriza B e o Meicende, no grupo 1, xa que perderon nunha ocasión. Tamén o Estrella A Solaina, que non perdeu, pero empatou en tres ocasións.

Os equipos femininos galegos que contan todos os seus partidos por vitorias

Os Vintage: Cogal Rodeiro CF 2018/2019

Os equipos femininos galegos que contan todos os seus partidos por vitorias

Os equipos femininos galegos que contan todos