# Hashtag
#Primeira Galicia

O Ribadumia, un xigante durmido

Non hai moitos anos que o Ribadumia recibía no seu feudo a rivais da entidade de Racing Club de Ferrol, Ourense CF ou SD Compostela. Porén, o último descenso desde a Terceira División (2020-2021) deixou ao club mermado e, tres temporadas despois, os da Senra confirmaron o seu descenso á Primeira Galicia.

A nova categoría non se corresponde co potencial dunha entidade referente na comarca do Salnés: as instalacións, a afección e a tradición futbolísitica fan que o Ribadumia estea chamado a ser un dos conxuntos que acaden o ascenso. Por tanto, desde o club agardan que o seu curso na Primeira sexa un mero ano de transición. Porén, o fútbol é caprichoso. Por iso, a empresa non vai ser doada, pois terán rivais con moito renome e con grandes xogadores.

Así, a directiva do Ribadumia, liderada por José Antonio Serantes, busca un cambio de rumbo que permita ao seu cadro voltar aos éxitos de anos previos.



Novo adestrador en Ribadumia

Para afrontar a campaña 2024/2025, o club das beiras do Umia apostou por David Eirín, un adestrador novo e xa experimentado na Preferente, na que estivo durante dúas campañas á fronte do Portonovo SD. O preparador declarou ante os nosos micros que «o obxectivo ten que ser recuperar a categoría que se perdeu. Estamos nun club con pasado en Terceira, na Copa do Rei e con relevancia na Preferente Galicia, polo que temos que tratar de devolvelo a ese lugar».

Ademais, o preparador afirmou que a nivel persoal está «moi ilusionado e ledo por poder traballar neste proxecto e nun club tan importante. Tiven opcións de Preferente, pero cando o Ribadumia presenta o seu proxecto, as súas instalacións e as facilidades para traballar, hai pouco que pensar».

Eirín contará nas súas filas con xogadores que foron importantes durante as temporadas do club na Terceira. A eles súmanse futbolistas de curta idade, pero contrastados en categorías de fútbol base e na comarca. O técnico afirmou que «agardamos ver a un equipo coas ideas moi claras con balón, e tamén á hora de recuperalo. Queremos ser protagonistas e levar o peso dos partidos, pero tamén queremos ser capaces de competir en calquer tipo de condicións ou escenario».



David, dirixindo un partido en Balaídos.

A maiores, xa non hai incertidume en Ribadumia. Os da Senra xa coñecen con exactitude a que rivais se enfrontarán, pois a Futgal vén de publicar a composición definitiva dos grupos da Primeira. O adestrador referiuse a este feito e asegurou que «é imposible contentar a todo o mundo, sempre vai haber perxudicados. Creo que o noso grupo vai ser dos máis fortes, pero se queremos acadar o noso obxectivo temos que demostralo independentemente dos rivais que teñamos».

O que sí é claro é que os do Salnés serán un dos «cocos» dunha categoría que promete moito. Tan só o balón determinará onde remata o club presidido por José Antonio Serantes.

Imaxe de Portada: Web CD Ribadumia



O Ribadumia, un xigante durmido

O emotivo rexurdir do Huracán de Zamáns,

O Ribadumia, un xigante durmido

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 10

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *