# Hashtag
Os Diferenciais da Primeira Futgal

Os Diferenciais dunha Primeira Futgal con moitos partidos aprazados

Un bo número de partidos aprazados marcaron a xornada na Primera Futgal. O paso da borrasca Bert por Galicia deixou fortes refachos de vento que recomendaron suspender encontros en varios puntos, sobre todo no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Con todo, si se disputaron a maioría de partidos e puidemos ver moitos xogadores convertidos en Diferenciais.

Empezamos en Ourense. O Córgomo protagonizou a sorpresa da xornada ao vencer o líder do grupo 4, o ata o de agora invicto Antela (3-2). Dous dos goles dos verdibrancos foron de Joni. O Nogueira non perde de vista o grupo de cabeza grazas a un gol de Moura, que lles deu tres puntos no treito final ante o Melias. No derbi, o Maside superou 2-1 o Sporting Carballiño e volveu ser chave a actuación do porteiro Pachi. Está afeito a marcar de penalti, pero esta vez tocoulle deter un.

Tampouco hubo encontros suspendidos en Lugo, onde a xornada deixou unha morea de empates. Un deles no partido tolo entre o Xove e o Chantada Atlético, que rematou 4-4. Destacaron Mustapha polos mariñanos e Javier Vázquez polos visitantes, autores de senllos dobretes. Aproveitou o empate do Castro a SD Chantada, que se achega ao terceiro posto tras derrotar ao Pastoricense nun partido no que salientou o traballo de Damián.



Ata 15 partidos aprazados polo vento

No resto de grupo si se aprazaron partidos. Deles, o grupo 1 foi o menos afectado, con só dúas cancelacións. No aspecto deportivo hai que salientar a vitoria do As Pontes, que foxe do descenso tras superar o líder Victoria grazas a un tanto de Rafael Florín. Precisamente, a derrota das cebras provoca un cambio no liderado, que agora ocupa a Cultural Maniños, que venceu 2-3 ao Eume. Miguel Agras decantou o partido no 84.

Tamén o Marte conseguiu unha vitoria de mérito ante o Meicende, cun gol solitario de Matías. O triunfo máis contundente da xornada vímolo no campo de Vilaboa, onde o Olímpico venceu 5-1 o Cedeira. Obaya abriu a lata no 43 de partido.

Quedaron sen xogarse catro partidos no grupo 2, no que o Club do Mar segue liderando. Golearon 0-4 ao Castriz nun encontro no que Saúl asinou un doblete. Ocupa o terceiro posto un Carral que tampouco fallou (3-1). Foi chave a actuación de Martín Roel, que entrou ao campo tras o empate do Fisterra e aos poucos minutos volver adiantar o equipo do Castro.



O Tordoia, pola súa banda, asinou a súa cuarta vitoria da campaña, ao superar ao Vizoño no Manuel Juncal. Alberto Fraga foi o autor do único gol do partido.

A xornada nos grupos 5 e 6

O vento impediu que se xogasen cinco partidos no grupo 5, no que o Vilaboa ascendeu ata a cuarta posición tras vencer o Cabo de Cruz por 0 a 2. O centrocampista Sergio Coloret fixo o primeiro dous tantos.

Rematamos o repaso aos Diferenciais no grupo 6, no que quedaron catro encontros por se xogar. Pola parte baixa, o pechacancelas Domaio sumou unha vitoria importante ante un rival directo pola salvación, o Vila do Corpus. Foi Casqueiro quen abriu o marcador nos primeiros compases de xogo. Abre oco coa zona vermella o Arenteiro ‘B’, que venceu cunha grande actuación de Bardelás, autor de dous tantos. Máis goles puideron ver os seguidores do Gondomar, que se impuxo 4-3. Non faltou á súa cita co gol Abde, que xa viu porta oito veces este curso.



Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Diferenciais Xornada 12



Os Diferenciais dunha Primeira Futgal con moitos partidos aprazados

O terceiro tempo. Episodio 10

Os Diferenciais dunha Primeira Futgal con moitos partidos aprazados

Javi Vila, Cultural Areas: «Espero que a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *