# Hashtag
#Terceira RFEF

O Somozas ponlle o freo de man ao Boiro

A novena xornada da Terceira Federación galega deixou unha fin de semana marcada pola igualdade, con varios empates e encontros decididos por pequenos detalles. O Somozas e o Boiro repartiron os puntos, mentres que o Portonovo e o Arteixo protagonizaron un partido con catro goles. Tamén houbo empate entre o Alondras e o Estradense, nun encontro no que os locais deixaron escapar o triunfo por un gol en propia meta.

O Somozas e o Boiro empataron 1-1. José Tizón xa sabía que o seu equipo tiña por diante unha cita complicada no Alcalde Manuel Candocia. Aínda así, o Boiro conseguiu sumar un punto. Juanma adiantou os visitantes no minuto 21 cun dos mellores goles da xornada, pero Iñaki Leonardo estableceu a igualada no 47, nada máis comezar a segunda metade.

A pesar de deixar dous puntos polo camiño, o Boiro continúa como líder, cunha vantaxe de cinco puntos sobre os seus perseguidores. Barco, Sarriana e Lalín seguen a estela do conxunto boirense, os tres con 15 puntos. Por outra banda o Somozas, con oito puntos, non sae da zona de perigo na que tamén se atopan o Gran Peña, con 7, e o Viveiro con 5.

O Portonovo e o Arteixo tamén repartiron os puntos nun partido que rematou 2-2. Uwumiro adiantou o Arteixo no minuto 18 e Yoel Crespo igualou o marcador no 45. Juan Barros volveu poñer por diante os visitantes no 51, pero Batkov rescatou un punto para o Portonovo cun gol no minuto 88.

O Alondras quedou cun sabor amargo tras empatar 1-1 co Estradense. Un gol en propia meta no minuto 4 puxo por diante os visitantes, obrigando os locais a remar a contracorrente. O Alondras reaccionou e atopou o premio no minuto 41, cando Antón Rial conseguiu o tanto do empate.



O Pontevedra B impúxose por 1-0 ao Antela grazas ao gol de Lucas González no minuto 42, xusto antes do descanso.

No encontro entre o Lalín e a Sarriana, ningún dos dous equipos foi quen de atopar o camiño do gol e o partido rematou cun empate sen goles (0-0).

O Racing Villalbés venceu o Gran Peña por 0-1, un gol de Javi Muiño no minuto 19 doulle a vitoria pola mínima aos lucenses.



Vitorias máis claras

O Barco goleou por 4-0 ao Atlético Montañeros. Mande Sibide abriu o marcador no minuto 17, mentres que Miguel Freiria ampliou a vantaxe no 67. Raúl Arias marcou o terceiro no 74 e Manuel Rodríguez pechou a goleada no tempo engadido, no minuto 92.

O Silva venceu por 2-0 ao Viveiro. Jorge Cano adiantou os locais no minuto 21 e Rodri Parafita ampliou a vantaxe no 39 para deixar o triunfo encamiñado antes do descanso.



O Arenteiro consigue a súa terceira vitoria esta temporada, sumou os tres puntos tras gañar por 2-0 ante o Céltiga. Martín Lamelas foi o protagonista do encontro ao asinar os dous goles do conxunto verde.

O Somozas ponlle o freo de man ao Boiro

Brais Calvo, Praíña SC: «O importante é

O Somozas ponlle o freo de man ao Boiro

O Somozas ponlle o freo de man