# Hashtag

Os Vintage: SD Compostela 2011/2012

No verán do 2011, Antonio Quinteiro pasaba a presidir unha renovada directiva nun histórico do noso fútbol como é a SD Compostela, que viña de pasar por graves problemas como entrar en proceso de liquidación ao finalizar o 2006 ou a posterior desaparición en xaneiro do 2011. O citado novo presidente e o seu grupo de traballo adquiriron tódolos dereitos legais, solventaron as débedas e lograron recuperar o nome fundacional do club.

Na primeira tempada aos mandos da nova directiva, a SD Compostela competiría na Preferente. A citada campaña rematou de maneira inmellorable, cun ascenso a Terceira División. Hoxe, nos Vintage, repasamos o inicio do rexurdimento dun club con moita tradición e historia.

Os nomes do ascenso na SD Compostela

O gardameta Christian Hernán Fraiz; os defensas Juan Bautista Pájaro, Manuel Castiñeiras, Germán Pérez, Imanol Loureiro, Francisco Allo e Luis Ángel Villaverde; os centrocampistas Diego Ayaso, José Ramón Garabal, Nejc Kolman, Manu Rodríguez, Pablo Vidal e Roberto Piñeiro; e os dianteiros Alejandro Blanco, Damián Vilela, David Louro e Julián Cristobo gozaron de minutos durante a Preferente Norte Galega 2011/2012, que rematou cos nosos protagonistas coma campións con 87 puntos, logrando o ascenso á pola entón cuarta categoría do fútbol español, é dicir, a Terceira División.



A bagaxe durante o curso futbolístico foi de vinte e seis vitorias, nove empates e tres derrotas. Anotaron noventa tantos e recibiron unicamente vinte e oito. O Narón Balompié foi segundo, a catro puntos da SD Compostela, e tamén conseguiu o salto de categoría. Xove Lago, Unión CD e Foz baixaron a Primeira Rexional tras ser os tres últimos na táboa tras a disputa das trinta e oito xornadas de competición.

FOTO PORTADA: Páxina web da SD Compostela



Os Vintage: SD Compostela 2011/2012

Pasiño a pasiño, os Diferenciais fan camiño

Os Vintage: SD Compostela 2011/2012

As competicións arrancan entre a incerteza e