# Hashtag

Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 4

O mercado de Preferente Sur comeza a coller ritmo e esta semana producíronse movementos en catorce dos dezaoito equipos que conformarán o grupo na campaña 24/25. Fóra de Xuvenil de Ponteareas, Porriño Industrial, Atlántida de Matamá e o recentemente descendido Rápido de Bouzas, clubes que manteñen o silencio administrativo, o resto de equipos seguen dando pasos na planificación do seu cadro de xogadores. O Pontevedra B foi o último en facelo e Sergio Moreira será o encargado de adestrar ao filial granate.

Os favoritos moven ficha

Os tres grandes candidatos ao ascenso directo, Céltiga, Choco e Barco, tiveron unha semana movida. O cadro da Illa de Arousa segue presentando candidatura ao campionato ligueiro e fixo oficial as renovacións de Álex Fernández, Julio Rey, Pablo González e Álex Rodríguez, ademais das chegadas de Manu Táboas, do Arosa, e Gregor, do Boiro. Doutra banda, o gardameta Nucho, o defensa Javi Domingo e o dianteiro Jonás non seguirán no Salvador Otero.

O veterano ariete vigués cambiará A Illa por Redondela, xa que asinou polo Choco de Félix Rial, do mesmo xeito que un Chisco que tamén regresa a Santa Mariña procedente do Porriño Industrial. Pachi e Somo son as outras incorporacións do club. A entidade redondelá tamén anunciou as renovacións de Hugo Vázquez, Berni, Christian, Pardavila e Bauti, ademais da promoción ao primeiro equipo dos xuvenís Graña, Xián, Gael e Rubén.



Pola súa banda, o Barco estreouse neste mercado de fichaxes con sete renovacións e tres fichaxes de moita calidade. O cadro dirixido por Lino Estévez seguirá contando con Manu Rodríguez, Carlos Cruz, o gardameta Conde, Ocampo, Eric Rellán, Óscar Cruz e Konaté. Os de Calabagueiros queren competir polo ascenso e para iso incorporan tamén a Brian, desde o Noia e con experiencia en Terceira, a Sidi, autor de oito goles en 14 partidos co Antela, e a Álex Vázquez, procedente do Somozas.

Moito movemento

Algúns equipos subiron a marcha e anunciaron moitas novidades nos seus cadros de xogadores. Un exemplo é o Cultural Areas, que, despois de presentar a Yago Yao, fixo oficial a catorce futbolistas. Ademais das renovacións de Bruno, Bugarín, Santiso, Marcos Alonso, Javi Vila, Nico Cuevas, Sergio, Yago Manuel, Nico, Barciela e Víctor, o conxunto da Lomba anunciou as chegadas de Brais Bernárdez, Pablo López e Gustavo, os tres chegados desde o Ribadumia.

Outro dos equipos que non baixa o ritmo é o Cambados, que publicou seis novidades. Os veteranos Ramón e Adri continuarán en Burgáns, onde chegan Seydou e Álex, procedentes do Choco, e onde regresa Diego Hernández. Samu Acha causará baixa no cadro que dirixe Pénjamo.



Unha das baixas xa confirmadas polo Cambados, o gardameta Eloy Fernández, unirase ao Umia, que anunciou cinco movementos máis. O veterano centrocampista Sidibé seguirá na Bouza e xunto a el farano catro fichaxes. O porteiro Roi Oubiña, do Céltiga xuvenil, Hugo Alén, Damián Otero e Eloy Fariña, extremo vilanovés que foi unha peza chave no ascenso do Villalonga a Terceira RFEF.

Primeiras novidades

En Moaña tampouco baixan o pistón e o equipo dirixido por Edu Charlín tamén fixo oficial seis movementos, un deles moi destacado. O veterano mediapunta Mauro Nores, que abandonou o Alondras por motivos laborais tras 25 anos, recala no equipo de O Casal, onde renovan Dapiga, Anxo, Pibis, Andrés e Eric.

Un club que se estreou no mercado foi o Atios. A estrutura porriñesa contará unha tempada máis con Pedro Blanco, Portas, Manu Vilán e Mota. Ademais, Javi Fernández terá á súa disposición a Anxo Vilas, que regresa ao club, Santos, Sandro e Aarón, que ata o momento son as únicas catro incorporacións da entidade.



Mesma situación viviu o Beluso, que confirmou a continuidade de Santi, Cerviño, Álex Fernández, o gardaredes Iker, Darío Fernández, Marcos Pastoriza, o goleador Jorge Millán, David Portela e o capitán Dieguito. Destaca a renovación do defensa Lope, que tivo seis ofertas durante o verán pero decidiu ficar en As Laxes. Todos eles estarán baixo as ordes de Rafa Villaverde.

Anuncios puntuais

Algúns equipos como o Cented Academy, o Verín, o Portonovo ou o Atlético Arnoia comezan xa a ir pechando os seus persoais e os movementos son escasos. O conxunto da cidade das Burgas anunciou a renovación de David Vázquez, mentres que no José Arjiz seguirán Adrián Martínez, Miguel Peral e Iago Rodríguez. 

En Arnoia despedíronse de Rubén Lamelas e de Justino, rumbo á UD Ourense, e deron a benvida a Álex Pérez, que fixo o camiño inverso ao extremo desde o equipo xuvenil. Pola súa banda, o Portonovo fixo oficial as fichaxes de Ochoa, desde o Amanecer de Segunda Futgal, Diego Dadín e Ronald Lezcano, procedentes do Rápido de Bouzas.

Imaxe de Portada: FARO DE VIGO



Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 4

Diario dun Mercado Preferente Norte. Episodio 3

Diario Dun Mercado Preferente Sur. Episodio 4

A revolución do fútbol feminino da Costa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *