# Hashtag
Diferenciais da Primeira Futgal

Volven as enquisas semanais da sección #OsDiferenciais

A Primera Futgal está de volta e con ela volve a enquisa semanal da nosa sección #OsDiferenciais, que pon en valor o traballo dos xogadores máis destacados da xornada. De entre a selección dos 18 Diferenciais, os lectores e as lectoras de FutbolinGalicia poderán votar polo seu favorito.

A enquisa da primeira xornada xa está disponible para votar premendo aquí.

Nesta primeira entrega poden escoller entre Josiño (San Sadurniño) Óscar San Emeterio (Perlío) Álvaro Freire (Eume Deportivo) Licky (Vizoño) David Calvo (Praíña) Baldomir (Club do Mar) Kevin Pierre (Outeiro de Rei) Guerreiro (Taboada) Goás (Guntín) David Álvarez (Córgomo) Diego Paz (Monterrei) Damián (Francelos) Moisés (Cordeiro) Chucky (Pontecaldelas) Iván Folgar (Atlético Cuntis) Varela (Vila do Corpus) Borja Mera (Progresista) ou Portas (Racing Castrelos).



#OsDiferenciais da 2025/26

Do mesmo xeito, aproveitamos esta primeira enquisa da temporada para lembrar os máis votados en cada una das 34 xornadas da pasada temporada 2025-2026.

Os seguidores dos equipos e desta apaixonante categoría en xeral volcáronse dende o primeiro minuto con esta iniciativa, que busca recoñecer os xogadores que fan da Primeira Futgal un espectáculo cada semana. Na primeira campaña das enquisas dos Diferenciais, FutbolinGalicia rexistrou milleiros de votos.



Volven as enquisas semanais da sección #OsDiferenciais

Os equipos galegos comezan con bo pé