# Hashtag

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

Os Diferenciais tamén deciden as copas (P. II)

Unha noite de copas é unha noite tola, segundo din as cantantes de Nueva Línea. Pero na orquestra canaria descoñecen que aquí en Galicia tivemos toda unha Semana Santa ateigada de partidos doutras copas. Así é. Os afeccionados ao fútbol rexional esquecéronse do parón na Primeira Futgal e puideron contentarse cunha nova rolda dos diferentes […]

O talento divino dos Diferenciais

A Semana Santa chegou de súpeto e con ela, como non podía ser doutro xeito, a Primeira Futgal vese na obriga de parar. Lonxe de tombarse a descansar, os equipos comezan a prepararse para dalo todo neste treito final da temporada. Hai moito en xogo e ninguén quere botalo a perder, por iso as afeccións […]

Continúa o baile dos Diferenciais

Se ben pasou o Entroido, a festa non parecer rematar na Primeira Futgal, onde continúa o baile de posicións entre os diferentes conxuntos. E é que nunha categoría tan complexa coma esta, as subas e baixadas van ser habituais ata o treito final. Por iso e, co obxectivo de finalizar a temporada do mellor xeito […]

Non hai relaxación posible cos Diferenciais da Primeira Futgal

Se os equipos da Primeira Futgal queren conseguir os seus obxectivos, non poden relaxarse neste treito do ano. Como seareiros do fútbol galego podemos asegurar que están a cumprir co mantra de cada domingo, ofrecendo competitividade e espectáculo en cada xornada. Non é para menos pois, axudados dos Diferenciais, enfocan un mes decisivo nas súas […]

A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

Rematou xaneiro e con el van xa cinco meses de competición. Así e todo, o avance das xornadas non impide que a Primeira Futgal navegue na incerteza clasificatoria. A súa competitividade e o bo rendemento dos diferentes equipos invita ao afeccionado a desfrutar dunha competición onde non hai nada decidido polo momento. Un espectáculo futbolístico […]

Ao mal tempo, os Diferenciais poñen boa cara

O paso de Ingrid pola nosa comunidade autónoma motivou o aprazamento dos partidos programados para o sábado. Porén, a Primeira Futgal disputouse practicamente na súa integridade, pois boa parte dos choques tiveron lugar nun domingo onde nin a auga nin a neve puideron estragarnos a tarde de fútbol. E vaia se o agradecemos, xa que […]

Os Diferenciais da Primeira Futgal resisten o frío invernal

Chega o inverno e un pode pensar que os campos de fútbol non van estar ateigados de afeccionados. Ver unha película ou tomar un chocolate quente a carón da cheminea semellan mellores opcións, mais a Primeira Futgal posúe bos motivos para facer levantar á xente do seu sofá. Como por exemplo, ver aos Diferenciais. O […]

Remata o primeiro trimestre con boas notas para os Diferenciais

Nestes tres meses de competición houbo goleadas, resultados axustados, partidos emocionantes… E, sobre todo, moito fútbol. Polo de agora non hai nada decidido nunha Primeira Futgal onde cada xornada se converte nun campo de batalla, cos Diferenciais exercendo de baluartes de cada equipo. Vitorias que serven para coller aire Sumar triunfos aleda sempre a un […]

Os Diferenciais da Primeira Futgal volven ser decisivos unha xornada máis

Remata o segundo mes de competición na Primeira Futgal e os grupos comezan a debuxarse dun xeito máis claro. Iso si, a emoción está asegurada ata as últimas xornadas grazas ás grandes actuacións dos Diferenciais. Vitorias que rachan xeiras Non hai nada mellor que conseguir os tres puntos para saír dunha mala dinámica. Proba dilo, […]

  • 1
  • 2