# Hashtag

Casting aberto no Pol en busca de «bo fútbol e non pasar apuros»

Tras tres anos intentándoo con moito esforzo, a SD Pol acadou o obxectivo do ascenso e a Preferente Norte xa agarda por eles. Para afrontar este reto, o club ten en marcha un verdadeiro casting. O obxectivo é dar co mellor proxecto deportivo. Buscan unha proposta que garanta «unha tempada con bo fútbol e, a ser posible, que non pasemos apuros, aínda que imos sufrir seguro«, indica o presidente do Pol, Ramiro Rodríguez Ónega.

A continuidade do adestrador, Fernando Sánchez ‘Fernandito’, é unha opción, pero está aínda no aire. Nas últimas semanas apareceu sobre a mesa o nome do axente de futbolistas César Porto para facerse cargo da parcela deportiva. O mandatario do Pol admite que están «tendo contacto con diferentes profesionais. É unha posibilidade que se comentou, como se comentaron outras, pero non hai nada decidido neste momento«, indica.

O primordial, di Rodríguez Ónega, é «ver o programa que nos oferta cada un e a xente coa que van contar«, así como que o poxecto se adapte ás posibilidades do club. Acordarán o futuro da SD Pol unha vez teñan «todo iso claro«, se ben adianta que queren tomar a decisión «canto antes«. Marcan como prazo a vindeira semana.



En canto ao cadro de xogadores, Ramiro Rodríguez di que se non é con todos os futbolistas, si contan coa maioría deles. «Primeiro temos que decidir con que adestrador seguimos, se co mesmo ou se cambiamos. Cada corpo técnico é un mundo, así que a ver que decisión toman cos xogadores. En principio contamos coa xente que temos, e a ver se podemos reforzarnos algo«, indica a FutbolinGalicia.

Cómpre lembrar que a SD Pol contou nesta tempada que vén de rematar con xogadores de gran nivel. Moitos semellan ser doutra categoría. É o caso de Omar Rodríguez, que chegou procedente da Sarriana e foi o máximo anotador da Primeira Galicia, con 21 tantos. O segundo máis goleador tamén vestía a camisola do Pol, trátase do asturiano Gerardo Carrera, quen viu porta en 19 ocasións. A listaxe pódese completar con futbolistas como Julio Camba, Samu Quintela ou Álvaro Álvarez, entre outros.

O Pol, a historia dun empeño

Durante os últimos anos, a SD Pol formou equipos con nomes importantes. O obxectivo do ascenso a Preferente escapou en varias ocasións, pero desta vez puidérono celebrar. «Aínda que prepares un bo equipo, sempre dependes dos demais; ascender nunca é fácil«, recoñece Ramiro Rodríguez.



«O ano anterior quizais non tiñamos un equipo moi compensado, pero esta vez debemos acertar, porque fixemos unha campaña moi completa e ascendemos cunha diferenza de puntos que non adoita ser normal«, apunta o mandatario do Pol. Fixeron 87 puntos, dez máis que o segundo, o Escairón, que empatara a 77 coa SD Chantada.

Pensando xa na vindeira tempada, Rodríguez Ónega asegura que o obxectivo do Pol é «asentarnos na categoría; non podemos aspirar a outra cousa, e só manterse non será fácil. Vémolo con equipos de alto nivel e que sofren para quedar na categoría. Pode ser que paguemos a novatada, pero a ver se se nos da ben a temporada«, desexa.



Casting aberto no Pol en busca de «bo fútbol e non pasar apuros»

O Órdenes regresa a Preferente: «Formamos unha

Casting aberto no Pol en busca de «bo fútbol e non pasar apuros»

Manu Cerón, Cented: «Hai vertixe, é un

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *