David Rojo, un dos goleadores do Arteixo, é un dos xogadores máis importantes do conxunto de Ponte dos Brozos. Tras dúas vitorias consecutivas, o equipo de Juan Riveiro saíu do descenso. Analizamos o que está a ser a tempada con David Rojo a continuación.
FutbolinGalicia (en adiante FIG): Se tiveses que facer unha valoración rápida e xeral do que vai de tempada, cal sería?
David Rojo (DR): «En liñas xerais está sendo complicada. Creo que empezamos mal e fomos arrastrando unha losa desde entón, que nos fixo perder a confianza e deixarnos moitos puntos que non mereciamos perder e desta forma vémonos nunha zona clasificatoria que non esperabamos.»
«O positivo é que competimos sempre, merecimos máis en varios partidos e estas dúas últimas vitorias reforzáronnos moito animicamente para o que vén.»
FIG: Tras as túas verbas, entendemos que estes meses foron difíciles por estar na loita pola salvación. Non, si?
DR: «Si. Ao final cando estás aí abaixo a inercia é difícil e entran dúbidas. Tamén fomos acumulando moitas lesións e é complicado verse tantas semanas en descenso.»

«Conseguimos acabar o ano fóra dos postos á Preferente e espero que xa non volvamos a eles.»
FIG: Dúas vitorias consecutivas para saír do descenso e chegar con confianza ao parón non está nada mal.
DR: «Si. Dúas vitorias importantes para que a xente marche a casa coa boa sensación, despexar todos a cabeza e volver con moita confianza. Temos un mes de xaneiro moi difícil.»

«O grupo humano que hai é moi bo tanto de xogadores como de corpo técnico e iso é o que non podemos perder.»
FIG: Os próximos dous partidos do Arteixo son lonxe de casa. O seguinte é ante un candidato ao ascenso, o Villalbés. Que esperas deste partido?
DR: «Espero un partido moi difícil, contra un dos equipos que mellor xoga da categoría. Creo que se reforzaron moi ben en verán e a pesar da marcha de Jaime son un dos claros favoritos.»
«Nós competimos en tódolos partidos e imos a Sarria a pola vitoria. Juan deunos xa algunha pincelada do que desexan; ser ordenados e conceder o mínimo posible en defensa e ser agresivos e verticais en ataque coma siempre. Creo que será un gran partido.»
FIG: Cal é o obxectivo do equipo? Que esperas da segunda parte da temporada?

DR: «Sendo realistas, a día de hoxe, a meta é intentar alargar a xeira de vitorias e non pasar apuros na segunda volta. Se chegado o momento podemos mirar máis arriba, mellor. No persoal, desexo mellorar os meus números para axudar ao equipo.»