# Hashtag

Iñaki Leonardo, Somozas: «O Racing de Ferrol é a miña segunda casa»

Iñaki Leonardo foi un dos protagonistas na primeira vitoria do Somozas esta tempada. O triunfo diante do Viveiro en Cantarrana na mañá do día de onte foi selado polo entrevistado, que anotou o 0 a 2 defintivo no minuto 65. A continuación as verbas de Iñaki, co que falamos sobre o seu pasado e o seu presente futbolístico.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Pasaches pola canteira do Racing de Ferrol, chegando a debutar no primeiro equipo, e do Deportivo, ademais de xogar no seu filial. Que recordos gardas desta etapa?

Iñaki Leonardo (en adiante IL): «Do Racing de Ferrol gardo boísimos recordos, considéroa a miña segunda casa. Alí axudáronme a crecer moito coma xogador. Debutar no equipo da miña cidade é algo que queda gravado para toda a vida. Son aficionado do Racing de Ferrol, son socio do equipo e vou ao estadio sempre que podo.»



«A miña marcha foi moi sencilla. Acababa contrato e o club ofreceume facer a pretempada sen el e partir de aí verían se me facían contrato ou quedaba sen equipo. Considerei que o mellor era buscar outro club por medo a non ter equipo o 31 de agosto.»

«O primeiro ano no Deportivo foi bo. Tiven a sorte de xogar bastantes minutos e conseguir o ascenso a Segunda RFEF. A segunda campaña foi máis complicada, pero gardo bos recordos desta etapa.»

FIG: Tamén formaches parte de As Pontes, Arzúa e Arosa. Cos tres conxuntos xogaches en Terceira. Con todos este anos na categoría, como a defines?



IL: «Foron anos de aprendizaxe, con bos recordos e con outros non tan bos. Son tres clubs que me axudaron moito a crecer. En As Pontes e Arzúa a confianza foi moi alta pola súa parte desde o primeiro momento e creo que o puiden reflectir no campo.»

«No Arosa tiven a mala sorte de lesionarme no tramo final da tempada, mais tratáronme moi ben de principio a fin. Foi unha pena non conseguir o ascenso.»

FIG: Como se fraguou a fichaxe polo Somozas este verán?



«A verdade é que foi moi doado. Xa tiveramos contactos anos atrás. Tiña claro que esta tempada quería xogar aquí e creo que eles tamén o desexaban. Pechamos todo moi rápido e non esperei nin a recibir ofertas.»

FIG: A vitoria no día de onte diante do Viveiro supón a primeira da campaña, tras un empate e tres derrotas nos catro partidos iniciais. Como foi o partido e como se atopa o equipo tras o triunfo?

IL: «Creo que foi un encontro moi bo e serio de todo o equipo nun campo moi complicado. Para nós supón unha subida de moral importante. Necesitabámolo e mereciámolo.»

FIG: No partido de hoxe anotaches un gol, o primeiro na tempada. Como foi a xogada deste tanto?

IL: «Foi un pase de Sergio Otero na frontal. Fixen un control orientado e por sorte cruceina ben e o balón entrou na portaría.»



FIG: Cal é a meta do Somozas neste curso? E o de Iñaki a nivel individual?

«O obxectivo do equipo, agora mesmo, ten que ser mellorar e seguir crecendo. En cada xornada tentaremos acercarnos ao rival que teñamos encima.»

«O meu obxectivo é mellorar, especialmente de cara a gol. Creo que é algo no que teño que medrar. O corpo técnico pídeme facer goles para o meu crecemento e mais para o do equipo. Estou traballando niso.»

Iñaki Leonardo, Somozas: «O Racing de Ferrol é a miña segunda casa»

Ponte Caldelas confía en recuperar o campo

Iñaki Leonardo, Somozas: «O Racing de Ferrol é a miña segunda casa»

O terceiro tempo. Episodio 4

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *