# Hashtag
Diario dun mercado da Terceira RFEF

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 2

No Racing Villalbés non perden o tempo e anunciaron as baixas de Nathaniel, que xogará en Primeira RFEF co CD Lugo, Quico, Torrado, Adri Carrión e Ibrahima, que gozou de poucos minutos por mor dun xeonllo danado.

Mais non todo vai de saír. López é a primeira renovación e portará un ano máis o brazal de capitán. Make e Vérez, o segundo aínda recuperándose dunha grave lesión, continuarán vestindo a camisola verde e vermella. A meta seguirá cuberta polo madrileño Álex Santomé. Ademais, onte coñecemos a primeira fichaxe do Racing. O pichichi do Castro Fito Periale deixa a Preferente para converterse nunha das claras referencias ofensivas vilalbesas.

López capitaneará ao Racing Villalbés unha campaña máis. Twitter Racing Villalbés

No banco da Magdalena xa contan con novo preparador. Alberto López recala na Chaira tras asinar dúas permanencias consecutivas cun Viveiro repleto de xogadores mozos e moi limitado no aspecto económico en comparación cos seus rivais.



Juanjo Vilachá será o preparador da UD Barbadás tras o peche de ciclo do club con Agustín Ruiz. Afrontará a súa segunda etapa como adestrador do primeiro equipo, no que xa estivo entre o 2018 e o 2019. O coñecemento do funcionamento da institución de seguro que será unha garantía de cara á planificación do vindeiro curso futbolístico. A Valenzá abre o capítulo da continuidade con Xinzo. O dianteiro cumprirá así o seu tercer curso futbolístico en Os Carrís.

Juanjo Vilachá terá na UD Barbadás unha segunda etapa como preparador do primeiro equipo. Twitter Barbadás

Cumprir os obxectivos adoita ser sinónimo de premio. O galardón chégalle a Gonza Fernández, que permanecerá un ano máis no Alondras tras ampliar o contrato que lle une aos de Cangas. A gran primeira volta que fixo o equipo de seguro que tivo certo peso na decisión. A mesma fortuna correu Álex Suárez no Betanzos, co que renova tras lograr unha complicada salvación nunha ardua loita con múltiples implicados.

Noutro punto da xeografía de Pontevedra o preparador tivo diferente sorte. O Arosa non foi quen de superar a eliminatoria de semifinal galega polo ascenso a Segunda RFEF ante a UD Ourense e poucos días despois Luisito deixou de ser o seu técnico tras máis de dúas campañas na Lomba.



Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 2

Simón Lamas: «Tomei a decisión antes de

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 2

A «despedida soñada» de Dani Moto tras

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *