# Hashtag

Que agardar do grupo 1 da Primeira Futgal?

Xa queda pouco para que o balón comece a rodar e desde FutbolinGalicia non podemos agardar con maior expectación o inicio desta nova temporada! Seis grupos, dezaoito conxuntos en cada un deles e trinta e catro xornadas de pura emoción deleitarán aos seareiros máis incondicionais do noso fútbol. O espectáculo está a piques de comezar, pero, primeiramente, cómpre debullar a realidade de cada división e así coñecer de primeira man que podemos agardar de cada grupo da Primeira Futgal.

Saídas destacadas

Se un atende á clasificación do pasado curso e a compara con este notará unha serie de cambios, especialmente nos primeiros postos. Carral e Galicia de Mugardos fixeron os deberes e xogarán na Preferente Futgal, mentres o Sporting Meicende, eliminado nos play-off de ascenso polo Xuvenil de Ponteareas, buscará o propio no grupo 2. Acompañaraos o Sporting Cambre, froito da nova redistribución de equipos que provoca a mudanza de arteixáns e cambreses a esoutra división.

Criterios xeográficos a parte, a gran ausencia na categoría será a do As Pontes. O cuadro do Poboado non pasa pola súa mellor época e, tras consumar un novo descenso, competirá na Segunda Futgal. Unha vez feito este repaso toca enumerar os equipos que loitarán este ano no grupo 1 da Primeira Futgal: Numancia de Ares, Perlío, Marte, San Sadurniño, Cedeira, Cultural Maniños, Eume Deportivo, Imperator, Meirás, Olímpico, Orillamar, Relámpago, O Val, Sada, Sporting Coruñés, Torre, Almeiras e Victoria.



Regresar pola vía rápida

Nesa lista de entidades hai varios nomes chamados a dominar a liga, como o Victoria ou O Val. Ámbolos dous combinados veñen de descender e están dispotos a recuperar a categoría rápida canto antes. No caso dos coruñeses, apostaron pola renovación de varios dos seus pilares nos últimos anos, como os irmáns MandayoMiguel e Iván-, Víctor ou Óscar, entre outros xogadores. O resto do plantel engrósano futbolistas procedentes do seu xuvenil, que vén de acadar o ascenso a División de Honra.

Os de Narón tamén confiaron no talento mozo, facéndose con varias pezas do equipo xuvenil do Racing de Ferrol como Iago López ou Hugo Estévez. Coas renovacións de Bace, Hugo Viqueira e Emilio Viqueira e os regresos de Jandro ou Adri Novo, o adestrador Álvaro Segura contará cun plantel máis que interesante para buscar o ascenso a Preferente Futgal.

Unha tarefa que non lle resultará nada doada nin ao Victoria nin ao Val, pois hai outros candidatos dispostos a roubarlles o billete para xogar nunha categoría superior. Tanto o Orillamar como o Olímpico levan as últimas temporadas finalizando entre os cinco mellores equipos e este ano buscarán dar un salto de calidade.



Saúdo inicial do amigable de pretemporada entre o Meirás e O Val. FOTO: SD O VAL DE NARÓN

40 anos despois

O Almeiras tamén formará parte da nómina de participantes desde grupo 1 da Primeira Futgal, con diferentes obxectivos, iso si. Para o cuadro de Culleredo, o obxectivo principal é permanecer nunha categoría na que levaban 40 anos sen estar. O seu regreso non puido ser máis espectacular, logo de vencer por 0 a 2 ao Once Caballeros e finalizar o campionato en primeira posición. Boa parte de culpa tivo o seu centrocampista Dani Varela, quen se erixiu como o seu ‘pichichi’ anotando 19 goles.

Para esta nova aventura na Primeira Futgal encomendáronse á dirección dun vello coñecido do fútbol galego: Rubén Rivera. O ex xogador do Deportivo Fabril, Laracha, Montañeros ou Bergantiños, entre outros, será o encargado de guiar ao Almeiras nesta histórica campaña para os branquiazuis.

Co 6 de setembro marcado en vermello, só resta agardar polo asubío inicial e desfrutar dunha xornada inaugural para o recordo! Velaí vai unha relación dos partidos que terán lugar nesta primeira data de competición:



Orillamar – San Sadurniño; Numancia de Ares – Eume Deportivo; Imperator – Marte; Cultural Maniños – Perlío; O Val – Cedeira; Relámpago – Sporting Coruñés; Meirás – Torre; Sada – Almeiras; Olímpico – Victoria.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Que agardar do grupo 1 da Primeira Futgal?

A Terceira RFEF segue sumando minutos na

Que agardar do grupo 1 da Primeira Futgal?

Que agardar do grupo 2 da Primeira