# Hashtag
#Terceira RFEF

Primeras probas na Terceira RFEF

Co inicio da pretemporada xa en marcha, os equipos da Terceira RFEF comezan a acumular minutos sobre o terreo de xogo. A Copa Federación está en plena disputa, mentres os amigables permiten aos técnicos seguir probando pezas e os clubs continúan pechando os seus cadros de cara ao inicio da competición.

Racing Villalbés, Bergantiños, Antela e Boiro nas semifinais

O Racing Villalbés foi un dos protagonistas da primeira xornada da Copa Federación. O conxunto chairego empatou 1-1 ante o Estradense e conseguiu o pase á seguinte rolda tras impoñerse na tanda de penaltis. Pola contra, o Gran Peña, quedou eliminado ante o Antela nun encontro no que os ourensáns conseguiron a remontada con dous goles nos minutos de desconto para acabar gañando por 2-1.

O Antela continuou avanzando na competición e superou por 1-0 ao Ourense CF nun duelo entre dous equipos ourensáns.



O Boiro non disputou o encontro que tiña previsto nesta competición debido á renuncia do Portonovo e aproveitou a ocasión para disputar un amigable ante o Abanqueiro, no que se impuxo por 1-5.

Os equipos xa comezan a probarse

O Estradense, ademais do encontro ante o Villalbés, disputou esta semana un amigable ante o Pontevedra, no que conseguiu unha contundente vitoria por 0-5.

O Villalbés tamén completou a súa preparación con outro compromiso. No triangular disputado ante o Chantada e a Sarriana, o equipo de Juan Rodríguez gañou nos penaltis tras empatar sen goles ante o Chantada e gañou 1-3 á Sarriana.

A Sarriana, pola súa banda, gañou 0-3 ao Chantada, pero tamén caeu ante o Lalín por 0-3 no Trofeo Excmo. Concello do Saviñao. O conxunto dezano tamén disputou o VII Trofeo Vila de Padrón, no que perdeu por 1-0 ante o Compostela.

O Boiro continúa acumulando minutos con bos resultados. Ademais do triunfo ante o Abanqueiro, superou por 0-3 ao Noia no Julio Mato Matito.



Tamén xogou dous encontros o Montañeros, que empatou 2-2 ante o San Tirso e posteriormente gañou 4-5 ao Carral no Torneo do Carral. Pola súa banda, o Alondras, empatou sen goles ante o Porriño.

O Portonovo segue coa súa preparación tras o seu cambio de categoría e esta semana sumou un triunfo por 0-2 ante o Arosa e un empate 1-1 ante o Celta xuvenil de División de Honra.

Tamén continúa o Arteixo afinando a súa preparación e gañou por 0-1 ao Tordoia, mentres que o Arenteiro perdeu por 0-3 ante o Pontevedra no Trofeo da Festa do Pulpo.

O mercado aínda deixa novidades

Os equipos continúan aproveitando estas semanas para completar os seus planteles. O Pontevedra B incorporou a Ismaheem Lawal, centrocampista procedente do Marino, que afrontará unha nova etapa en Terceira RFEF.

Tamén se moveu o Atlético Arteixo, que xa suma novas pezas para o seu proxecto. Sergio, porteiro procedente do Ordes e formado en canteiras como a do Deportivo, Montañeros e Atlético Arteixo, regresa ao club para iniciar a súa etapa sénior. Tamén chega Óscar, centrocampista que procede do Somozas e que conta con experiencia no Arosa.



O Arenteiro deixa atrás a incerteza

Unha das principais novidades da semana chegou desde O Carballiño. O Arenteiro conseguiu resolver a súa situación económica tras afrontar as débedas que condicionaban o futuro do club, o que lle permite continuar coa planificación da próxima temporada. A competición queda así tal cual estaba fai dúas semanas.



Primeras probas na Terceira RFEF

A Terceira RFEF galega, en vilo polo

Primeras probas na Terceira RFEF

Primeras probas na Terceira RFEF