# Hashtag

Os Vintage: SP Pontenova 2016/2017

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o Sporting Pontenova da tempada 2016/2017, que logrou o ascenso a Primeira Rexional tras ser campión do grupo Norte da Segunda lucense.

Os nomes do ascenso

Rubén Acebedo, Xoel Bouso, Bruno Bouza, David Amor, Héctor Díaz, Luis López, Andrés Lorido, Marcos Gómez, Andrés Bouza, Borja Lombardero, Carlos López, Marcos Veiga, Jorge Moirón, Miguel Ángel Fuente, Roi Campos, Andrés Fernández, Adrián Pasarín, Ioan Alexandru, Francisco Fiallega, Iván Fernández, José Carlos Fernández, Gheorghe Cristian e Antonio Gavín conformaban o cadro de xogadores que saíu campión de liga e que por tanto conseguiu o salto de categoría.

Os da Mina, dirixidos dende o banco por Dani Moirón, acabaron a competición con 64 puntos tras gañar dezanove partidos, empatar sete e caer derrotado en unicamente catro encontros. Foron o equipo máis goleador do seu grupo con 79 dianas. Andrés Fernández foi o killer do equipo con dezaoito tantos en vinte e oito partidos.



Os Vintage: SP Pontenova 2016/2017

Os Vintage: SP Pontenova 2016/2017