En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2013/2014 do Ribadeo FC, que ascendeu a Terceira División tras ser o mellor equipo da Preferente Norte Galega.
Os nomes do ascenso
Tomy Fernández, Viusky, Alejandro Cabado, Brais Burgo, Carlos García, Javier Fernández, Dani Prieto, Diego Pardeiro, Germán Campos, Isma Barreira, Diego Expósito, Andrés Bouza, Bruno García, Diego López, Fernando Sánchez, Ramón Miranda, Rafa Casanova, Santi García, Adrián Vilela, Adrián García, Juan Pablo Monzón, Christopher Díaz, David Rodríguez e Dani Castro conformaban o cadro de xogadores que devolveu ao Ribadeo a Terceira División desazete anos despois da última vez.
Os da Mariña lucense remataron como campións do grupo Norte da Preferente Galega tras obter oitenta e catro puntos nas trinta e oito xornadas das que constaba a competición. Foi o equipo máis goleador do seu grupo, con 76 tantos a favor. Christopher Díaz, con 15 dianas, e Rafa Casonova, con 10, foron os dous killers do conxunto do Pepe Barrera.
Actualidade do Ribadeo
Na tempada que rematou hai poucos días, o Ribadeo acabou en terceira posición no grupo 3 da Primeira Futgal, conseguindo por tanto praza no play-off de ascenso a Preferente. Nas semifinais de dita promoción mediuse ao Gondomar, non puidendo avanzar de rolda e quedando eliminado tras un 4-1 no global da eliminatoria.

















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































