# Hashtag
O Arosa celebra unha recente vitoria. AROSA SC

Tarde máxica na Lomba

Ata aquí chegou a tempada regular na Terceira RFEF. O Arosa proclamouse campión e certificou o seu regreso á Segunda RFEF catro anos despois nunha campaña histórica na que conseguiu desbancar do liderado ao gran favorito, o Compostela. O equipo dirixido por Gonza culminou unha segunda volta espectacular (só unha derrota) para rematar no máis alto da táboa.

A última xornada ligueira tamén tivo unha boa dose de emoción. O Arosa viuse sorprendido na Lomba polo Céltiga, que chegou a colocarse 0-2. Os vilagarciáns reaccionaron a tempo e completaron a remontada para celebrar o ascenso diante da súa afección grazas a dous goles do máximo realizador do equipo, Gabri Palmás, e outro tanto de Iñaki.

O Compostela, ao play off

Mentres, o Compostela cumpría coa súa parte ao vencer por 0-1 ao Viveiro e durante varios minutos chegou a verse con opcións reais de recuperar o liderado. Porén, a remontada do Arosa converteuse nun auténtico mazazo para os picheleiros, que deberán conformarse agora coa disputa do play off de ascenso. O seu camiño cara a Segunda RFEF comezará ante o Racing Club Villalbés, mentres que a outra eliminatoria enfrontará ao Atlético Arteixo co Estradense.



Precisamente o Villalbés foi o último equipo en asegurar a súa presenza na promoción. O conxunto chairego venceu ao Lugo B cun gol de Anthony no minuto 91 e certificou así a súa quinta participación nun playoff de ascenso a Segunda RFEF, beneficiado polo empate entre o Somozas e o Boiro, os seus inmediatos perseguidores na táboa.

Tarde máxica na Lomba

Junior Moreno, Verín CF: «Non hai nada

Tarde máxica na Lomba

Tarde máxica na Lomba