# Hashtag

Os Vintage: Diego Arias Rodríguez

En FutbolinGalicia non nos esquecemos de tódolos xogadores, técnicos, árbitros ou siareiros que pasaron hai anos polas nosas categorías sénior. Sen a súa gran contribución non poderiamos gozar na actualidade dunha gran saúde en categorías tan especiais coma a Terceira RFEF, a Preferente Futgal ou a Primeira Futgal. «Os Vintage» é a súa sección. A de todos aqueles que aportaron un gran de area para que o fútbol galego sexa, sen dúbida, do mellorciño do fútbol estatal.

O protagonista desta nova entrega é Diego Arias Rodríguez, que xogou en Lemos, Sarriana, Barco, Ferreira, Bóveda, Chantada, Arenas e Escairón. A continuación as súas verbas:

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Cal foi o teu primeiro contacto cun balón?



Diego Arias Rodríguez (en adiante DAR): «Dende moi neno xogaba sempre que podía no parque ou nos recreos na escola. Empecei a competir contra outros equipos na liga escolar cos Escolapios de Monforte, tiña 7-8 anos.»

FIG: De que equipos sénior formaches parte?

DAR: «Lemos (dez tempadas), Sarriana, Barco, Ferreira, Bóveda, Escairón e Arenas.»



FIG: Cales son os tres mellores momentos da túa carreira?

DAR: «Gañar o Liceo La Paz, un campeonato galego a nivel escolar) na Coruña no 1994, cando tiña dez anos. Para nós foi como gañar un Mundial! O meu primer gol co Lemos no campo do Ribeira. Gañamos 1-2 e serviu para traer a vitoria. O ascenso a Terceira co Lemos na miña segunda tempada como sénior e no club. Foi nun play-off contra o Caselas da Preferente Sur, cun 1-0 en Monforte e un empate sen goles en Caselas.»

FIG: Algún adestrador que te marcase especialmente?



DAR: «Todos os que tiven porque penso que tanto positiva como negativamente aprendín algo de todos eles e fixéronme mellor xogador.»

FIG: Cal é o xogador ao que te enfrontaches que máis impacto che causou?

DAR: «Kiko Rey. Impactoume moito as veces que xoguei contra el. Era xa un xogador contrastado e impoñía moito, un goleador nato.»

FIG: Cres que antes nas nosas competicións había máis nivel ca agora?

DAR: «Na miña opinión, si. Antes respirabamos fútbol as 24 horas, había moito máis compromiso á hora de adestrar e competir.»



FIG: Tantos anos de carreira, varios equipos… Seguro que as anécdotas son numerosas. Cóntasnos algunha?

DAR: «A un utillero que tiñamos sempre o chamaban da radio local para informar do partido. Un día en Santa Comba a algúns compañeiros ocurriúsenos chamalo e facernos pasar por un colaborador da Radio Mariña, que non sabiamos se existía, para que nos informara sobre o partido. Fixémolo saír do vestiario coa excusa de que non o escoitabamos e fixémolo pasear polo campo para escoitalo mellor. Nós estabamos nas bancadas comendo o bocata e vendo o panorama.»



FIG: Que significa o Lemos para Diego Arias Rodríguez?

DAR: «Sempre foi un sono para min xogar no Lemos, xa desde moi neno ía ao antigo Luis Bodegas de recollepelotas. Despois tocou mudarse a Pinguela e alí seguín vendo ao Lemos. Conseguín xogar dez tempadas, en algunhas fun capitán, moito máis do que sempre soñei. Sempre será a miña segunda casa.»

«Ogallá podamos volver a Terceira RFEF moi pronto. Este ano hai un gran equipo que xunto ao corpo técnico estano a facer moi ben.»

Os Vintage: Diego Arias Rodríguez

Vota polo teu favorito entre os Diferenciais

Os Vintage: Diego Arias Rodríguez

O Tomiño, a gran sorpresa silenciosa da