# Hashtag
tordoia

Cinco equipos seguen invictos na Segunda Galicia Feminina

A Segunda División Galega feminina vive un arranque de tempada marcado pola igualdade e pola solidez dalgúns equipos que, chegadando á sétima xornada, aínda non saben o que é perder. En total, cinco conxuntos manteñen o seu rexistro invicto e deixan claro que esta tempada promete emoción ata o final na loita polos títulos.

Grupo 1: Tordoia e Muxía, dúas locomotoras imparables

A parte alta do Grupo 1 é cousa de dous. Tordoia e Muxía comparten liderado con 18 puntos, pleno de vitorias e unha traxectoria case calcada.
O Tordoia, cun balance de 36 goles a favor e 10 en contra, é un equipo sólido, equilibrado e cunha das mellores defensas da categoría. A súa referencia ofensiva é Rebeca Puente, que xa suma 10 tantos nun inicio demoledor.

Pola súa banda, o Muxía, tamén con 18 puntos, suma 34 goles marcados e só 10 recibidos. O equipo muxián é un espectáculo no terreo rival, sustentado no talento e experiencia de Barca Toba , que xa acumula 13 goles en 6 partidos. A outra referencia é Eva Lema, que na pasada campaña chegou a marcar en liga 30 tantos coa camisola do Dumbría, e que agora xa é autora doutros 11 na súa nova casa. A combinación entre veteranía e eficacia converte ao Muxía nun rival temible.



eva lema
Presentación da fichaxe de Eva Lema. RRSS CF Muxía

Grupo 2: Arousana, Valladares e Ponte Caldelas, sen baixar o ritmo

O Atlético Arousana é outro dos equipos que pode presumir de pleno de vitorias: 18 puntos, 34 goles a favor e só 4 en contra. O conxunto do Salnés está a asinar un comezo sensacional, liderado por Miri Señoráns, que suma 8 goles e é unha das referencias ofensivas da competición.

Moi preto aparece o Ponte Caldelas, segundo con 16 puntos, e o único dos invictos que cedeu un empate ante o Santiso. A súa defensa, con só 5 goles encaixados, é unha das máis sólidas do campionato.

arousana
O Atlético Arousana busca este ano voltar á Primeira Galega. RRSS Atlético Arousana

A lista de equipos que aínda non coñecen a derrota péchaa o Valladares, que leva 1 partido menos que os seus competidores e todos gañados. As viguesas destacan pola súa capacidade goleadora (31 tantos) e pola eficacia da súa referencia ofensiva, Lucía Vila, que leva 12 goles en 5 xornadas.




Cinco equipos seguen invictos na Segunda Galicia Feminina

O Couto vibra coa clasificación do Pontevedra

Cinco equipos seguen invictos na Segunda Galicia Feminina

Cinco equipos seguen invictos na Segunda Galicia