Dende FutbolinGalicia puxemos en marcha, o pasado mes de setembro, unha iniciativa co obxectivo de recoñecer ás xogadoras máis destacadas da Terceira RFEF. Falamos do Top 3 das mellores futbolistas do mes, unha votación aberta na que a afección poderá decidir quenes foron as protagonistas ou cales foron as súas favoritas.
A dinámica é sinxela: cada persoa pode escoller ata tres xogadoras, aquelas que considere que merecen ser escollidas. A lista de candidatas elaborouse a partir das achegas recibidas a través das redes sociais e co contacto directo cos clubs participantes na competición. Ao longo do mes podedes seguir mandándonos goles, nomes e estatísticas e nós os compartiremos en redes ou se incluirán na listaxe.
Con este proxecto búscase dar visibilidade ao traballo das futbolistas e involucrar á comunidade que segue semana a semana a competición, permitindo que sexa a propia afección quen premie o esforzo, a regularidade e o talento sobre o campo.
Escolle ás túas xogadoras favoritas de outubro
A votación para escoller o teu Top 3 xa está aberto. Podedes votar no formulario que deixamos a continuación. As gañadoras anunciaranse o domingo, xa que esta fin de semana a Terceira RFEF descansa, configurando así o Top 3 FutbolinGalicia do mes de outubro.





















































































































































































































































































































































































































































































