# Hashtag
pichichis segunda

Os nomes propios do gol na Segunda Galicia

Esta fin de semana volven os equipos á competición tras o parón de Nadal. Tras facer o top 5 das máximas goleadoras da Primeira Galicia, hoxe botaremos un ollo ás protagonistas da categoría de prata. Faremos un repaso polas xogadoras que están sendo pezas fundamentais para os seus equipos, e que teñen o gol como marca de identidade.

Triplo liderado co gol no grupo 1

No Grupo 1, a loita polo ascenso está entre o Pastoriza, o Xallas e o Tordoia. Así e todo, en canto á loita polo pichichi, as xogadoras que se atopan nos primeiros postos non se corresponden con estes equipos. Atopámonos con tres xogadoras que levan 16 goles cada unha. Eva Lema, Paula Veiga e Ánxela Prado están demostrando un rendemento espectacular no que vai de tempada.

Eva Lema (CF Dumbría): a dianteira do Dumbría está sendo unha das referencias ofensivas máis destacadas da categoría e conta xa con varios hat-trick . A muxiana, fora porteira de fútbol sala en equipos como o Amarelle e agora postúlase como unha das candidatas ao título de máxima goleadora en Segunda Galicia.



Paula Veiga (UC Cee): esta centrocampista de 18 anos, malia a súa xuventude é unha desas xogadoras que aporta calidade e condicións de líder ao equipo de Cee. De sobra coñecida no fútbol da costa, busca o seu lugar no top de anotadoras de Segunda e sobre todo, aportar os máximos goles posibles ao seu equipo.

Ánxela Prado (CD Lugo ‘B’): a xogadora do filial lucense pecha este top 3. O seu rendemento non pasa desapercibido e comeza a ser habitual vela nas convocatorias co equipo de Terceira RFEF e co cal xa disputou dous encontros.

Os goles destas 3 xogadoras fan que os seus equipos non se descolguen da competición polos postos altos da táboa e axudando a que a competición estea do máis interesante.



O reinado de Souto no grupo 2

Se no grupo 1 viamos unha loita moi igualada, no grupo 2, Souto (San Roque Casablanca) domina con autoridade na táboa de pichichis. Con 22 goles no que vai de ano, o seu rendemento está sendo insuperable. A pasada campaña en Terceira Galicia pechou a fase regular cun total de 43 goles, así que veremos a que números é capaz de chegar esta tempada.

En Terceira, o Casablanca foi o equipo máis anotador de toda Galicia con 154 goles, polo que o acerto de cara a portería é cousa de todo o equipo. Así e todo o instinto goleador de Souto está sendo chave para manter ao equipo como líder da categoría.

Por detrás dela, outras dúas xogadoras destacan polo seu gran nivel:



Jenny García (SD Antas): Con 18 goles, a dianteira do Antas está firmando unha gran campaña, sendo importante para manter ao seu equipo en posicións competitivas. Jenny anotou 51 goles co Carballedo en Terceira Galicia a tempada pasada, e semella que mantén o seu olfacto goleador tamén este ano en Segunda.

Irene León (SD Touro): Con 16 goles en liga, León é o motor ofensivo da SD Touro. A súa eficacia fronte a meta rival é fundamental para o seu equipo. É unha cara coñecida no ranking de goleadoras, pois o ano pasado quedou en segundo lugar con 30 goles nas súas botas.

Os nomes propios do gol na Segunda Galicia

A Copa Deputación de Pontevedra avanza cara

Os nomes propios do gol na Segunda Galicia

A colección de camisetas que recolle a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *