Benvidos por segunda semana á nova sección dos luns, na que os protagonistas serán os xogadores e equipos da nosa Terceira que destaquen en aspectos importantes do xogo durante a fin de semana. Eles son os xefes da Terceira!
A décimo sexta xornada na Terceira RFEF deixou gran cantidade de situacións a sobresaír. A UD Ourense continúa como líder tras obter un empate no seu feudo ante o seu máis inmediato perseguidor na clasificación, a Sarriana de Guillermo Oriol, que se estreaba no banco dos da Ribela tras a marcha de Jaime Paz a China.
O único equipo dos cinco primeiros en gañar esta fin de semana foi o RC Villalbés, que venceu na casa da UD Barbadás por 0 a 2. O Noia non aproveitou os empates de Arosa e Estradense e caeu ante o Polvorín por 1 a 0. O tanto do filial do CD Lugo foi anotado por Manu Buide pasada a media hora de xogo. A segunda vitoria consecutiva do Arteixo saca aos de Ponte dos Brozos do descenso a Preferente Futgal.
Os equipos xefes da Terceira RFEF galega na xornada 16
- Máis goleador: RC Villalbés, Viveiro, Atlético Arteixo, Arosa e Silva (2).
- Portaría a cero: RC Villalbés, Polvorín, Viveiro, UD Ourense, Sarriana, Boiro e Somozas.
- Mellor resultado: RC Villalbés (0-2) e Viveiro (0-2).
Os xogadores e adestradores xefes da Terceira RFEF galega na xornada 16
- Goleadores: Jesús Cañizares e Rodolfo Periale (RC Villalbés), Manu Buide (Polvorín), Diego Santín e Francisco Rolle (Viveiro), José Ramón Sanmarful e David Rojo (Atlético Arteixo), Roi Tato (Alondras), José Rivera e Jorge Romay (Arosa), Antonio López e Rodrigo Parafita (Silva), Raúl Gómez (Estradense), Héber Fernández (Valladares), Iago Portas (Vilalonga) e Eduardo González (Gran Peña).
- Expulsados: Pablo Rodríguez, delegado (Betanzos), Jonathan Iglesias, segundo adestrador (Polvorín).
- Adestrador destacado: Juan Emilio Riveiro. Saca ao Atlético Arteixo do descenso tras obter a segunda vitoria consecutiva.