# Hashtag

Os Vintage: CF Silleda

En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2015/2016 do CF Silleda, que ascendeu a Primeira Autonómica tras ser o mellor equipo do grupo 6 da Segunda Rexional santiaguesa.

Os nomes propios do ascenso do CF Silleda

José Ramón Carballude, Alan Nicolás, Gustavo González, Manuel Villanueva, Jorge Espantoso, Rubén Quinteiro, Salvador Alejandro de la Fuente, Pablo Fontao, José Rodríguez, Pablo Nogueira, Diego Iglesias, Ricardo Espantoso, José Manuel González, Rodrigo Barcala, Rubén Fernández, Adrián Vilas, Ángel Failde, Javier González, Manuel Fuentes, Miguel Ángel Taboada, Iván Pampín, Sergio López e Cristian Simón conformaban o cadro de xogadores que saíu campión do grupo 6 da Segunda Autonómica, dirixidos dende o banco polo técnico Javi González.

A regularidade como chave do ascenso

O conxunto do Outeiriño logrou setenta e dous puntos nas trinta e dúas xornadas de competición, perforando setenta e seis veces as redes das portarías rivais e recibindo unicamente 28 tantos. Ata o parón polo Nadal, o Silleda obtivo once triunfos, un empate e tres derrotas, ocupando xa nese momento a primeira posición da táboa e contando con cinco puntos de marxe sobre o CD Belvis e o Atlético Pino CF, os seus máis inmediatos perseguidores.



Catro meses sen coñecer a derrota

Comezou xaneiro do 2016 e con el unha xeira espectacular que catapultou aos de Javi González ao salto de categoría. E é que en catro meses a bagaxe foi de once vitorias e catro empates, uns números que amosan a regularidade e a calidade dun equipo que ascendeu no seu campo, o Outeiriño, o 17 de abril. Rubén Fernández, cun dobrete, Miguel Ángel Taboada e Jose Manuel González, para un 4-0 final ante o filial do Sigüeiro, puxeron os goles nun día que aínda perdura na memoria da afección do CF Silleda.

Dous killers nun equipo con moito gol

Rubén Fernández, con vinte e catro goles, e Miguel Ángel Taboada, con vinte, destacaron na faceta ofensiva dun equipo no que ata quince xogadores conseguiron polo menos un tanto durante a fase regular da Segunda Autonómica.

Foto portada: La Voz de Galicia



Os Vintage: CF Silleda

Uns play-off moi Diferenciais (P. II)

Os Vintage: CF Silleda

Os Vintage: CF Silleda