# Hashtag

Estes cinco equipos xa confirmaron o seu descenso a Segunda Futgal

Nove puntos quedan por disputarse na Primeira Futgal e hai equipos xa sen nada en xogo na parte baixa das clasificacións. Un total de cinco conxuntos confirmaron o seu descenso, e competirán en Segunda o próximo curso.

Un dos descensos máis impactantes (falamos dunha vila de case 10.000 habitantes) é o do CD As Pontes. Na temporada 2020/21, marcada aínda pola pandemia, baixou de Terceira División. Competiu outras tres na Preferente e as dúas últimas na Primeira. O curso pasado rematou na zona media, e desta volta fixo malos números. Os do Poboado suman só catro vitorias en 31 partidos. Teñen 17 puntos, e están a 15 da permanencia. Xa non dan os números.

Os mesmos 17 puntos son os que suma a Esteirana, que volverá á Segunda tras catro temporadas na Primeira Rexional. Os de Esteiro estiveron case toda a campaña no faroliño vermello e nesa posición van rematar, xa que quedaron sen opcións de dar caza ao Fisterra, que suma dez puntos máis.



No grupo ourensán hai dous equipos xa descendidos. O Antela B, que só gañou tres partidos, conseguiu ata o momento 17 puntos, cantidade insuficiente para chegar con opcións ao tramo final.

Tampouco lle dan os números ao Melias, que poñerá fin a unha aventura de sete temporadas na Primeira Galicia. Este equipo do Pereiro de Aguiar está a once puntos da permanencia, descendido polo tanto.

O Goián non continuará na categoría. Só nove puntos conseguir sumar os azuis ao longo desta temporada e baixarán como pechancancelas dun grupo 6 no que esta fin de semana podería perder a categoría tamén o Candeán, que está a 9 puntos do Caselas, que marca a permanencia. Precisamente, o Caselas é o seu rival esta xornada.



Sen descenso confirmado

Aínda non hai descensos confirmados no grupo lucense, onde se mantén unha intensa batalla con varios equipos implicados. Actualmente, Taboada, Lourenzá e Iberia ocupan a zona vermella da táboa, pero con nove puntos en xogo todo pode pasar.

Tampouco baixou aínda de xeito matemático ningún equipo no grupo 5. A SD Valiño marca a permanencia con 25 puntos. En descenso están o Amanecer (21), Agolada (20) e Unión Dena (19). Estes últimos descenderán se, por exemplo, perden e o Valiño empata.



Estes cinco equipos xa confirmaron o seu descenso a Segunda Futgal

A loita polo gol na Primeira Galicia

Estes cinco equipos xa confirmaron o seu descenso a Segunda Futgal

Estes cinco equipos xa confirmaron o seu