A loita polo gol na Primeira Galicia entra na súa recta final
A Primeira Galicia afronta a súa recta final con só catro xornadas por disputarse e co foco posto no apartado goleador da competición.
Na cabeza do ranking sitúase Ambra Gjegji con 32 goles, por diante de Nuria Louzao (22) e Joana Montouto. A continuación, ata cinco xogadoras aparecen empatadas con 15 tantos.
Ambra Gjegji, a raíña da categoría
A dianteira do Victoria CF B está a ser unha das grandes referencias da tempada. O filial coruñés lidera a clasificación con 68 puntos, cun balance de só dúas derrotas e dous empates. Mantense moi preto do ascenso, aínda que condicionado polo primeiro equipo, que disputará a fase de ascenso a 2ª RFEF ante o Real Zaragoza esta fin de semana.
O equipo suma xa 102 goles esta tempada, moi repartidos entre varias xogadoras, aínda que Gjegji concentra case un terzo da cifra, con 32 dianas.
“Me siento muy bien, me siento muy cómoda con el equipo, con las compañeras y con la entrenadora… Mis goles son resultado del buen trabajo colectivo”, explica.

Sobre os rivais, destaca especialmente os partidos ante o Rosalía, un equipo ao que non lograron gañar: “É un rival moi competitivo”. Na ida empataron 2-2 e na volta 1-1, con todos os goles do Victoria asinados por ela.

“Estamos muy unidas, entrenamos muy bien, tenemos mucha armonía entre nosotras, lo cual es muy positivo. Creo que al tener eso y trabajar bien en los entrenamientos, no me quiero adelantar, pero espero que ganemos todos los partidos que nos quedan. Creo mucho en este grupo”, engade.
Non só lle quedan os catro partidos de liga, senón tamén a final da Copa Coruña. Nela enfróntanse ante o Atlético San Pedro, a data aínda está por definir.
Tamén lembra un dos seus encontros máis especiais. “El partido en casa contra el Calo fue muy bonito. El equipo estuvo muy unido y más allá del resultado me sentí muy bien en el campo. Fue muy bonito en todos los sentidos”.

Nuria Louzao, do Antas, no posto de prata
Para atopar a segunda futbolista que máis goles marcou esta tempada na Primeira hai que desprazarse ata terras lucenses, en concreto ata Antas de Ulla, onde xoga Nuria Louzao. A ulloísta suma 22 goles en 26 partidos, sete deles nos tres últimos encontros: un ante o Antas e dous hat-trick fronte ao Arenteiro e ao Xallas.
Estas cifras sorprenden mesmo á propia xogadora. “Eu, ao principio de tempada, díxenlle aos meus adestradores que non me gustaba xogar de dianteira; de feito, estes anos atrás fixérao máis atrás”. A pesar diso, admite sentirse cómoda na nova posición. “Síntome xenial, non só marcando goles, senón tamén axudando a levar o equipo ao máis alto da táboa. Oxalá sigamos coa fecha cara arriba”.
O Antas conquistou a pasada fin de semana a segunda posición tras aproveitar o tropezo do Rosalía ante o Atlético San Pedro. As lucenses superan agora ás ourensás grazas á diferenza de goles: 52 a favor fronte aos 39 do seu rival. Os dous conxuntos teñen 59 puntos tras gañar 18 partidos, empatar cinco e perder tres.
De feito, se Louzao tivese que escoller un partido desta tempada, quedaría co que as enfrontou no Castro Seoane. “Foi o mellor encontro que xogamos, ademais ante un rival directo, co que incluso poderiamos xogarnos a praza de ascenso”, explica. Ambos equipos volverán medirse na última xornada, polo que queda por ver se chegarán con todo decidido ou se terán que xogalo todo nese último partido.

O rival máis complicado para a dianteira foi o Atlético Villalonga B, co que empataron no último encontro (1-1). “Teñen un grupo de rapazas moi intensas e que xogan moi ben ao balón; no seu campo é moi difícil gañarlles”. Tamén destaca ao Atlético San Pedro: “Contan con xogadoras de moi alto nivel futbolístico”.
O obxectivo do Antas, en todo caso, en parte xa está cumprido: “Chegar de novo a unha final de Copa”, na que se medirán ao Milagrosa, e manterse nos postos altos da clasificación.
“A liga era algo inimaxinable cando comezamos a tempada recen ascendidas; agora imos partido a partido, tratando de aplicar o traballo semanal e deixándoo todo no campo”.
A pesar do esixente calendario que lles queda, amósase confiada: “Sóbrannos as ganas e a ilusión para ir a polos dous obxectivos, así que agora toca poñer o traballo”, conclúe.
Joana Montouto pecha o podio
Montouto, unha das xogadoras galegas máis destacadas da súa xeración, recalou este ano no Atlético San Pedro, onde está a asinar uns números brillantes: 18 goles en 15 partidos. “La verdad, me siento muy feliz, mis compañeras son un 10. Sinceramente, no sabía que era una de las máximas goleadoras; para mí eso es lo de menos”, confesa.
Sobre a competición, define ao Victoria como un “hueso duro de roer”, aínda que, se ten que destacar outro rival, queda co Antas: “Me gustó mucho. Son muy duras, para mí uno de los mejores equipos de la liga”.

A nivel colectivo, o obxectivo está claro: “Non hay más objetivo ahora más que rendir lo mejor posible los partidos que nos quedan, disfrutarlos y pasarlo bien en Riazor, que era el objetivo de esta temporada”. Un escenario especial no que, ademais, lle gustaría poñer o broche á súa traxectoria colgando as botas este mesmo ano.
Será así o peche da carreira dunha das xogadoras galegas con máis proxección da súa xeración, pioneira nun momento clave para o crecemento do fútbol feminino en Galicia e protagonista dun percorrido que a levou da elite estatal a redescubrir o xogo desde unha perspectiva máis persoal e pracenteira no fútbol máis modesto.
Na final da Copa, o Atlético San Pedro medirase ao Victoria, liderado por Ambra Gjegji, unha xogadora con traxectoria internacional que chegou a competir na Primeira División do seu país, na Champions League e coa selección nacional de Albania.
































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































